
Por fin chegou a Cangas o Correlingua, aínda
que a chuvia case nolo estraga.

Os
nenos e nenas de 1º a 5º de Primaria do CEIP A Rúa xa estabamos
preparados ás 9:30 coa nosa chapa, unha pucha azul e un colgante co
nome do noso cole para ir camiñando ata o Concello.
Alí
xuntámonos con outros coles da comarca e comezamos a marcha pola
defensa do galego, que rematou na esplanada de Ojea cunha gran festa
amenizada polo grupo “A Gramola Gominola” despois de escoitar o
manifesto impulsando o uso da nosa lingua.

0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.