Como xa sabedes, a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas a un autor/a que amosara ao longo da súa carreira o seu compromiso coa lingua e a cultura galega. Neste ano 2016 o homenaxeado foi o poeta de Outeiro de Rei, Manuel María, e no noso cole quixemos celebrar esta data con moito agarimo.
Preparamos unha exposición
representando unha das obras máis coñecidos de Manuel María,
"Soños na gaiola", onde podemos ver a súa bibliografía,
poemas seus ilustrados e algúns retratos deste poeta. E como moitos
dos seus poemas están adicados aos elementos da natureza, tamén
atopamos o cartel representando unha árbore con palabras e o arco da
vella.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.