17/08/16
Calendario escolar 2016/2017
Preto do comezo das clases, aquí o calendario escolar publicado pola Xunta na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar
Os detalles do periodo lectivo, vacacións e festivos. Añadindo tamén o 2 de Maio como día non lectivo para os centros de Cangas:

08/07/16
Fondo de libros
Comunicamos que non se publicarán listaxes do fondo de libros porque o vindeiro curso 2016-17 non se pedirán libros de texto nin para 3º nin para 4º de Primaria.
Fondo de libros
04/07/16
Listaxe de libros de texto para o ano 2016-17
Estes son os libros para 1º e 2º curso para o vindeiro ano, como saberedes non necesitades mercar libros para o resto de cursos.
Listaxe de libros de texto para o ano 2016-17
Estes son os libros para 1º e 2º curso para o vindeiro ano, como saberedes non necesitades mercar libros para o resto de cursos.
23/06/16
Presentamos ao mundo Móvete por Cangas
Estamos moi orgullosos de presentarvos a nosa guía turística Móvete por Cangas
Mara e Nerea xunto cos representantes de cada curso deron a coñecer un dos proxectos de A Rúa para este curso.
Estes son os enlaces das publicacións en prensa e do concello nas que falan do noso traballo:
No Faro de Vigo:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2016/06/22/guia-ninos/1485052.html
En morrazoaldía.com:
http://morrazoaldia.com/gl/una-guia-turistica-de-cangas-dirigida-a-los-ninos-y-ninas/
Na web do concello:
http://www.cangas.gal/portada/np_guia_movete_por_cangas.pdf
E o enlace para ver a guía:

http://ceiparua.wix.com/moveteporcangas

22/06/16
Roni recoméndavos lecturas para o verán
Roni, a mascota da nosa Biblio, recoméndanos para o verán uns cantos libros, atendendo aos diferentes niveis de educación infantil e de primaria.
Podedes velos e descargar o tríptico no ficheiro adxunto.
Podedes velos e descargar o tríptico no ficheiro adxunto.
Roni recoméndavos lecturas para o verán
Roni, a
mascota da nosa Biblio, recoméndanos para o verán uns cantos libros,
atendendo aos diferentes niveis de educación infantil e de primaria.
Podedes velos e descargar o tríptico no ficheiro adxunto.
Podedes velos e descargar o tríptico no ficheiro adxunto.
30/05/16
Celebramos o Correlingua

Por fin chegou a Cangas o Correlingua, aínda que a chuvia case nolo estraga.

Os nenos e nenas de 1º a 5º de Primaria do CEIP A Rúa xa estabamos preparados ás 9:30 coa nosa chapa, unha pucha azul e un colgante co nome do noso cole para ir camiñando ata o Concello.Alí xuntámonos con outros coles da comarca e comezamos a marcha pola defensa do galego, que rematou na esplanada de Ojea cunha gran festa amenizada polo grupo “A Gramola Gominola” despois de escoitar o manifesto impulsando o uso da nosa lingua.
Celebramos o Correlingua
20/05/16
Celebramos o Día das Letras Galegas 2016
Como xa sabedes, a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas a un autor/a que amosara ao longo da súa carreira o seu compromiso coa lingua e a cultura galega. Neste ano 2016 o homenaxeado foi o poeta de Outeiro de Rei, Manuel María, e no noso cole quixemos celebrar esta data con moito agarimo.
Preparamos unha exposición representando unha das obras máis coñecidos de Manuel María, "Soños na gaiola", onde podemos ver a súa bibliografía, poemas seus ilustrados e algúns retratos deste poeta. E como moitos dos seus poemas están adicados aos elementos da natureza, tamén atopamos o cartel representando unha árbore con palabras e o arco da vella.Celebramos o Día das Letras Galegas 2016
Como xa sabedes, a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas a un autor/a que amosara ao longo da súa carreira o seu compromiso coa lingua e a cultura galega. Neste ano 2016 o homenaxeado foi o poeta de Outeiro de Rei, Manuel María, e no noso cole quixemos celebrar esta data con moito agarimo.
10/05/16
Actividades da Semana Intercultural nos cursos de 3º, 4º e 5º de primaria
Durante a semana do 2 ao 6 de maio tivemos na nosa escola varias actividades no marco da Semana Intercultural organizada polo concello de Cangas.O grupo de 3º de primaria coñeceu historias do Oriente Próximo: Líbano, Palestina... a conta dunha persoa que viaxara por eses países.
O grupo de 4º curso gozou coas historias do xenial Anxo Moure contra as guerras no mundo e a favor da paz.
O alumnado de 5º curso atendeu a unha charla sobre comercio xusto e consumo responsable e participou na elaboración dunhas recetas gastronómicas doutros países.
Os alumnos/as de 5º amplían a información na entrada do seu blog.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)