
De seguido, conversamos acerca do que acabamos de ver e
escoitar…
-
Como vivían os homes/mulleres da Prehistoria?“No
monte, en covas, cavernas,. Eran frías, escuras. Non había luz”
-
Como se vestían? “ con
pouca roupa, a roupa estaba feita de pel dos animais”.
-
Que comían? “ prantas,
raíces, o que cazaban e o que pescaban”. Comían coas mans.
-
Con que xogaban os nenos? “ cos
ósos, pedras, paus, terra…” “ non tiñan xoguetes, nin tele nin consola”, “ que
aburrido era!!!!”.
Outras observacións interesantes….” Non
había mobles nas covas”,
“ non tiñan camas para durmir”, “ facían lume
con paus e pedras que lles servía para quentarse e facer comida”. “ Croniñón
non tiña pinturas como as nosas, nin xoguetes”.
“Este conto fala dos antepasados, da
Prehistoria, fai moitos moitos anos”.
Estas son algunas das afirmacións e
curiosidades que comentaron os grupos, os seus coñecementos previos e os seus
razoamentos marcan puntos clave do que iremos descubrindo nas sesión
posteriores. Deste xeito, buscarán información en libros e revistas da nosa
Biblio para confirmar o que xa saben e completar algunhas das súas
curiosidades…
A LIÑA DO TEMPO
A Prehistoria marca o comezo da aparición do home, das súas
costumes, vida e descubrimentos que iremos conformando ó longo deste Obradoiro.
Ofrecemos ó ne@s que ordenen cronolóxicamente 3 tarxetas nas que aparecen
representados; formación do Universo, dinosaurios e a Prehistoria.

Ademáis colocamos nunha alfombra, 3 tapetes onde en cada un
estará colocado o propio de cada etapa seguindo a Liña do Tempo ; planetas,
Dinosaurios e Prehistoria, con material para manipular e experimentar de forma
individual ou en pequeno grupo, unha maneira de interiorizar o paso do tempo a
través do xogo.
MINIMUNDOS PREHISTÓRICOS

PINTURA RUPESTRE
Tinguimos auga con azafrán, café e
pimentón dulce. Con pinceis preparados para a ocasión e folios en branco
comezan a aparecer as primeiras pinturas rupestres.. Ata algún nen@s empregaban
as súas propias técnicas como o “salpicado “ incluso chegan a representar letras.
Unha das labores das mulleres eran a de preparar as roupas
empregando a pel dos animais que cazaban, empezaron tamén a empregar telares
sinxelos para fabricar texidos.
Para que experimentaran a fabricaciónde teci, preparamos un telar con fíos de trapiño para tecer en
diferentes direccións coa presencia ademáis dunha lámina informativa e un libro
onde aparece esta tarefa.
Para dar continuidade a este Obradoiro, de forma cronolóxica e
tendo en conta o interese que amosaron os grupos pola Prehistoria, indagaremos
no seguinte Obradoiro na Escritura.
Imos recrear os comezos da nosa escritura
máis primitiva simulando homes /mulleres da Prehistoria . Saímos ó patio para
escribir cuns paus na area….
Posteriormente, representan sobre o papel e
imitan bastante a Croniñón co seu mamut.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.