Presentamos a figura do
homenaxeado ós nen@s na que tamén hai 3 fotos da vida de Fraguas que fan
referencia ó seu nacemento, xuventude e madured. A través da manipulación intentarán ordenar
cronolóxicamente.
En canto a súa obra, nos centraremos no poema
“ O piollo e a pulga se queren casar”. Na nosa Biblio de Aula, adicamos
un rinconcillo ós libros de algúns animais dos que aparecen no poema.
Escoitamos o poema a través da
versión que Migallas en Pan de Millo versiona a modo de canción.
A nosa aula se viste para a
ocasión do casamento dos protagonistas; o piollo e a pulga. A través de varias
propostas en nun ambiente lúdico, exploran, manipulan, planifican e se visten
para ocasión tan especial.
Así imos preparar o menú nupcial:
Consultan o libro de cociña para ver o máis
axeitado, o preparan, poñen a mesa e finalmente o presentan na mesa para os noivos.
Preparamos pasteis con plasti de
varios cores e coa axuda de rodillos.
Na zona do xogo simbólico,
poñemos unha cesta con lazos, tules, vestido, telas, garavatas , ramo de noiva
e diademas de flores para que noivos e padriños se visten para o casamento.
Facemos un giño á figura de Fraguas,
creando caricaturas colocando varios adornos/ atuendos no seu rostro
Recreamos ós animais que aparecen
no poema( rá, formiga, rato, gato, raposo, araña…..), con elementos naturais
como son pauciños, corchos, pedras e tamén anacos de teas.
Un xogo do memory coas imaxes dos
animais tamén servirá para recordar a presencia dos mesmos no poema, buscar e
memorizar as parellas invitará a xogar
por parellas ou en pequeno grupo.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.