SOLICITUDES
a) Hai dúas formas de presentar as solicitudes, por escrito ou telematicamente:
Por escrito: as solicitudes débense presentar no modelo oficial, que se pode obter en calquera dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas oficinas e puntos de información xuvenil ou ben descargarse directamente desde a páxina web www.xuventude.net, para logo presentala a través do rexistro.
Telematicamente: os solicitantes que posúan un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moeda, poden acceder a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://www.xunta.es/servizos-de-admon-electronica.
Transferiranse así automaticamente os datos da solicitude ao rexistro telemático da Xunta de Galicia.
http://www.xuventude.net/web/xuventude/campamentosdeveran
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.