O conflito é aceptado como unha parte inevitable do funcionamento social. Se existise unha vida sen conflitos estariamos privados das oportunidades necesarias para realizarnos. Aprendemos a través e grazas ao conflito. Pero o conflito soe resultar problemático e necesitamos de estratexias para canalizalo, para regulalo e encamiñalo de xeito que sexa construtivo para nós.
A modo de introdución pincha na imaxe de abaixo e terás unha exemplificación gráfica dunha estratexia básica para regular un conflito. Na web de Educarueca explícannos como traballar na aula a dinámica dos dous burros.
(Fonte do debuxo: Movemento americano contra a guerra – “No Foreing War Crusade – 1937″)
A seguir presentamos tres documentos que nos ofrecen información e recursos didácticos para traballar a regulación dos conflitos interpersoais na aula:
O primeiro é un documento de texto de 24 páxinas a modo dunha guía básica para docentes de ensinanza primaria. Analiza aspectos de provención, relaxación, análise do conflito, comunicación, empatía, asertividade, toma de decisións, mediación, metodoloxía didáctica e bibliografía.
A mesma web que recolle o enlace anterior ofrece un programa completo de resolución de conflitos secuenciado por idades, dende os 3 anos de educación infantil ata 6º curso de primaria, e que podemos imprimir por seccións independentes.
Por último, e xa enfocado aos docentes de primaria e secundaria presentamos este Taller de resolución/regulación de conflitos, realizado por Emilio Arranz Beltrán, que inclúe moitas dinámicas e vídeos.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.