Este domingo, ás 7:30 da mañá pais e nais da ANPA chegaban ó colexio ilusionados/as pola iniciativa de levar a cabo o 1º cross do CEIP A Rúa pero, á vez, coa tensión de que todo saíse á perfección.
Houbo unha grande afluencia de público, que queremos agradecer dende aquí. Nenos/as de todas as idades dos diferentes centros do Morrazo, pais, nais, avós/avoas , exalumnos/as...
Participaron case 400 atletas.
Climatoloxicamente, o día presentaba a súa mellor cara, lucía un sol radiante que, desgraciadamente, os eucaliptos ocultaban nalgúns tramos do percorrido.
Foi fantástico ver as caras de felicidade dos cativos/as correndo e recibindo as medallas!!
Contamos co mellor reporteiro, alma de toda a festa deportiva!!
Carlos, grazas por ser como es!! :-)
Na modalidade de adultos participaron máis de 30 persoas: pais, nais, exalumnos...
A organización, impecable!! O cross foi áxil, animado, divertido... unha gozada!!
Dende aquí, queremos darlle as grazas á ANPA, a tódolos pais e nais que colaboraron, á Fundación Cangas Deporte, ó Clube de Atletismo Vila de Cangas, a Calvar (Director Técnico Deportivo), á Deputación, a Protección Civil, ó Concello e a todas as empresas que contribuíron dunha forma ou outra para que este cross fose posible.
Finalmente, salientar a colaboración e participación no cross de Adrián e Nerea, dous exalumnos dos que estamos superorgullosos/as.
Por certo, para o cross do vindeiro ano, igual hai unha sorpresa para os exalumnos/as!! Estade atentos/as!!
De hoxe nun ano, máis e (aínda que vai ser difícil) mellor!!
CLASIFICACIÓNS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Noraboa a ANPA, e a todos os organizadores, polo rotundo éxito desta proba deportiva.
ResponderEliminarTamén quero felicitar as/aos deportistas, se seguen con tanto entusiasmo chegarán ás olimpiadas.