Hoxe, luns 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller.
Esta data conmemórase en todo o mundo dende 1911, cando máis de un millón de mulleres se uniron para reivindicar o dereito a ir á escola, a votar, a ocupar cargos públicos, así como para pedir a igualdade co home no traballo.
Aínda que no noso país se avanzou moito nos últimos 50 anos, hai algunhas cousas que aínda están por mellorar, deixámosvos unha viñeta e un vídeo de Forges que vos poden dar ideas.
Propoñémosvos que acheguedes os vosos comentarios ó respecto. Animádevos!!
Nesta imaxe o profesorado e pais e nais podemos acceder ó blog do Seminario da Educación para a Igualdade, do CPR de Avilés, onde atoparemos información relevante en relación con esta temática:
Por último, outra proposta:
O outro día Santi de 2º de Primaria comentou "Dixo meu pai que hai un país onde as mulleres é coma se non existiran", podemos axudarlle a descubrir en que país (ou países) ocorre isto?
Case non me da tempo a facer un comentario,porque son unha muller traballadora .Ainda así sempre atopo un oco para as cousas que me gustan, como ler o blog da rúa e o ben que o seguides facendo.
ResponderEliminarGrazas, Raquel, como che vai? Botamos de menos o teu sorriso :-) Mandámosche moitos bicos dende A Rúa e fainos moitísima ilusión que sexas lectora do noso blog.
ResponderEliminarE agora a descansar, muller traballadora!!