30/09/09

Saúdos dos nenos e nenas de 3 anos

CEIPARUA
Ola a todos e todas !

Somos os nenos e nenas de 3 anos que acabamos de chegar ao cole da Rúa, estamos desexando investigar e descubrir cousas novas, xa vos iremos contando o que atopemos no camiño.

Saúdos tamén da profe María, especialmente aos nenos e nenas de primeiro, lémbrome moito de vós.

Un bico moi forte a todos/as.

Saúdos dos nenos e nenas de 3 anos

Rosana
Ola a todos e todas !

Somos os nenos e nenas de 3 anos que acabamos de chegar ao cole da Rúa, estamos desexando investigar e descubrir cousas novas, xa vos iremos contando o que atopemos no camiño.

Saúdos tamén da profe María, especialmente aos nenos e nenas de primeiro, lémbrome moito de vós.

Un bico moi forte a todos/as.

28/09/09

Sobre os VII Encontros de Educación Infantil

CEIPARUA
Os Encontros de Educación Infantil son sempre reconfortantes.

É un lugar para atopar a eses compañeiros/as que aprecias e que só ves nestas ocasións.
É un lugar para emocionarse ante a ilusión de centos de docentes por ser cada vez máis competentes.
É un lugar para compartir ideas e moitas, moitas preguntas.
É un lugar para aprender e para ser consciente do moito que che queda por saber!!

Con algo de cansazo, deixámosvos aquí unha migalliña do moito que nos ensinaron para que en futuras ocasións compartades connosco esta gratificante experiencia. :-)

Conferencia de Myriam Nemirovsky,
"Ler e escribir na escola, intentémolo!"

Da redonda conferencia de Myriam Nemirovsky destacariamos a necesidade de que o mestre/a se converta nun modelo lector para os seus alumnos/as.
  • Compartamos cos nenos e nenas as nosas afeccións lectoras. Comentemos os libros que estamos lendo.
  • Levémoslles a clase as novelas que lemos, os libros, as revistas que consultamos, estudamos, a columna do xornal que soemos ler...
  • Leámoslles en voz alta textos que valoremos fondamente, tamén ós máis maiores.
  • Falémoslles dos nosos autores/as preferidos.
  • Comentémoslles as dúbidas que nos suscitan as lecturas, compartámolas con eles/elas.
Se amosamos a nosa paixón pola lectura, os cativos/as devecerán por achegarse aos libros e compartila connosco!!

Amosémoslles a nosa paixón pola lectura!

Obradoiro de Angélica Lucas Sátiro,
"As competencias de pensar ben (e pasalo ben!)"

Angélica Sátiro falounos das habilidades de pensamento, de como ensinar ós nenos e nenas a pensar cada vez mellor, tanto individual como grupalmente, deixando que a palabra do compañeiro/a lles penetre, que consigan pensar co outro.

Podedes ollar o seu proxecto educativo, neste enderezo:
Proxecto Noria

Experiencia de aula de Vanessa Quintian Agrafojo e Vanessa Arca Magariños,
"Xogamos coas emocións?",
( 2º premio innovación educativa 2008)

É un proxecto realizado con nenos e nenas de 3 e 4 anos onde se traballan, como din as súas autoras, "o emocionante mundo das emocións destes pequenos/as a través de contos e obras de arte"

Podedes descargar o proxecto clikeando na imaxe. Leva un pouco de tempo facelo pero paga a pena.

Obradoiro de Abraham Dguez. Cuña e José L. Fariña García,
"Competics"

Enlaces de interese que nos recomendaron:
redetic
didácticatic, autoformación en TIC
educ@contic
ticne, solucións tic para alumnado con NEE
pequesreboreda, Proxecto rural Wins, competencia dixital na escola rural

Dedico esta entrada á memoria de Lourdes Taboada...
-Onde queira que esteas, sempre nos acompañas nos Encontros de Educación Infantil.

Ana

24/09/09

ACRÓSTICO

CEIPARUA
Os días son máis curtos
Unha estación fresquiña
Todas as follas caen das árbores
O chan está cheo de follas de moitas cores
No ceo hai moitas nubes de chuvia
O tempo das festas do samaín e das castañas

Ían

ACRÓSTICO

Chus

19/09/09

VII Encontros de Educación Infantil

CEIPARUA

O 25 e 26 de setembro terán lugar en Santiago de Compostela os
"
7º Encontros de Educación Infantil"
nos que participaremos máis de 500 mestres/as de Educación Infantil, para compartir experiencias e escoitar ós expertos/as sobre o tema mais relevante e significativo da L.O.E. "As competencias básicas"

Este é o programa destes intensos e interesantes encontros:

PROGRAMA VII ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

25 e 26 de setembro de 2009
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Santiago de Compostela

Venres 25 de setembro
16.00h-16.30h Recepción de asistentes e recollida de documentación.
16.30h-16.45h Inauguración

16.45h-18.15h Conferencia: "Educar con tres Cs: capacidades, competencia e corazón", Mar Romera Morón.
18.15h-18.30h Descanso

18.30h-20.00h Conferencia: "Ler e escribir na escola, intentémolo", Myriam Nemirovsky Taber.

Sábado 26 de setembro
09:00h-11.30h Obradoiros simultáneos e presentación de experiencias.
Cada asistente terá a posibilidade de asistir durante os Encontros a dous obradoiros e coñecer as experiencias que alí se presenten
Obradoiro 1
Obradoiro: Revisar textos para aprender a escribir. Myriam Nemirovsky Taber.

Experiencia: Porfa le connosco. Ana Fernández Chacón

Obradoiro 2
Obradoiro: A Cultura matemática como valor na construción da comunidade de aula . Dolors Feixas Roche.

Experiencia: Queremos saber canto son 100!! Yolanda Montenegro Rodal.

Obradoiro 3
Obradoiro: Desenvolvendo a competencia lóxica. Liliana Carbó Martí e Vicent Grácia Pellicer (Grupo Xucurruc).

Experiencia: Medindo e comparando. María Belén Escariz Ferrín.

Obradoiro 4
Obradoiro: As competencias do pensar ben (e de pasalo ben! que é isto tratándose de nenos e nenas de infantil? Angélica Lucas Sátiro

Experiencia: Proposta para traballar as habilidades de pensamento nas aulas de Educación Infantil. Mar Santiago Arca.

Obradoiro 5
Obradoiro: CompetenTICS. Abraham Domínguez Cuña e José Leonardo Fariña García

Experiencia: Competencia dixital na escola rural. Manuel Masaguer Rodríguez.

Obradoiro 6
Obradoiro: Os retos da educación infantil para o século XXI. Maria Josep Garcia Marti e Esteban Navarro Micó (Grupo Xucurruc).

Experiencia: Igualmente diferentes Mª Teresa Domínguez Pérez

Obradoiro 7
Obradoiro: Claves para potenciar o desenvolvemento da competencia cultural e artística na Educación Infantil.Marta Berrocal
Capdevila

Experiencia: De San Andrés de Teixido a Fisterra pasando por Compostela. Beatriz Vives Campos e Patricia Martínez Díaz.

Obradoiro 8
Obradoiro: Competencia para aprender a aprender e enfoque por proxectos. Azucena Arias Correa

Experiencia: “A xoaniña”. Un proxecto de todo o ciclo de EI do CEIP Vilaverde. Mª Teresa López Montes e Mª Isabel Pazos Solla

Obradoiro 9
Obradoiro: Sentir pensando e pensar sentindo: un programa de educación emocional para a escola infantil. Mar Romera Morón

Experiencia: Xogamos coas emocións?. Vanessa Quintian Agrafojo e Vanessa Arca Magariños.

Obradoiro 10
Obradoiro: A filosofía educativa de Reggio Emilia Javier Rouco Ferreiro

Experiencia: Escolas que participan nun Programa Comenius Multilateral: Alicia Souto Vecino EEI Vilariño; Montserrat Brandariz Prego CEIP Graxal II e Montserrat Rubio Arias CPR Juan Bosco-Salesianos.

Obradoiro 11
Obradoiro: O tratamento integrado das linguas en educación infantil. Concepción Fernández Torices e Luz Quiroga Fraga.

Experiencia: O portfolio Europeo das Linguas, posta en práctica con alumnado de Educación Infantil. Teresa Aller Alonso.

11.30h-12.00h Descanso
12.00h-14.00h Repetición dos obradoiros (simultáneos).
14:00h-16.00h Tempo libre
16.00h-16.30h Repetición das experiencias (simultáneas)

16.30h-18.00h Conferencia: "Competencias básicas e enfoque globalizador", Amparo Escamilla González

18.00h-18.45h Actuación: “Música para poemas e piruletas”(frauta, marimba e voz) Adrián Silva Magdalena e Jorge Alberto González Reinoso
Sanabria, sobre poemas de Carlos Fontes.

18.45h-19.00h Clausura

Vémonos alí! :-)
Participan dúas compañeiras e amigas do Morrazo, Belén Escariz e Yolanda Montenegro, que nos contarán as súas innovadoras experiencias de aula coas matemáticas!
Todo un luxo!

Unha tortura de test!!

CEIPARUA
Unha habitación, una nube de lambetada nun prato.
Nenos e nenas de catro anos tentando loitar contra a tentación de comela!
Toda unha tortura, o test de Marshmallow!

En 1960, o psicólogo austríaco Walter Mischel realizou o Test da Nube sobre o control dos estímulos.
El e o seu equipo deixaron sós a varios nenos/as de catro años nunha habitación ante unha lambetada: una nube americana.
Os coidadores/as explicaron aos nenos que si esperaban uns minutos sen comela, poderían coller dúas.

O resultado, despois de catorce anos de seguimento, concluíu que os nenos/as que non esperaban para coller as dúas lambetadas tiñan a autoestima baixa e peores resultados académicos, mentres que os que conseguiron vencer a tentación chegaron a ser persoas con maior éxito e socialmente máis competentes.

18/09/09

Festa dos Axóuxeres, en Pontevedra e Vigo os días 19 e 20 de setembro

CEIPARUA

Animámosvos a participar na Festa dos Axóuxeres!

En Pontevedra será o sábado día 19 ás 12:00 horas na Praza da Ferrería

En Vigo o día 20 na Praza do Rei, en dúas funcións, ás 12:00 e ás 17:30.

A función é baixo unha carpa e a entrada é de balde ata completar o aforo.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia (con cancións, xogos… e ofrece material descargable en internet). Axóuxeres é a primeira viaxe polas palabras para os cativos da casa. Vermiños, peixes, bolboretas e soles xa agardan por nós. Catro elementos, catro viaxes, catro transportes, catro cores, catro ritmos e catro amigos para aprendermos mil palabras. Vides ben dispostos para cantar, brincar, xogar, falar? A Festa dos Axóuxeres facémola xuntos!

Ver máis información na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística

14/09/09

Gripe A. Protocolo de actuación nos centros educativos.

CEIPARUA

Aquí tendes o protocolo de actuación nos centros educativos da gripe A (H1N1) que a Xunta ven de publicar no Portal educativo.

É interesante a súa lectura para que todos e todas (profesores/as, pais/nais, persoal de limpeza...) levemos a cabo algunhas medidas preventivas e saibamos actuar correctamente para evitar, na medida do posible, o contaxio.

gA

Información publicada no blog de Alberto Armada "Ticblog"

A incidencia da Gripe A en Galicia.

Fai clic na imaxe do virus H1N1 para obter a información.

10/09/09

ESTE CURSO... IMOS INVESTIGAR!!!

CEIPARUA

Xa empezou un novo curso, e aquí estamos todos/as outra vez cheos de enerxía e ganas de aprender xuntos/as.

Como xa podedes ver no Panel de Noticias, o Tema Núcleo deste ano vai ser:

"I N V E S T I G A M O S"

Porque investigando descubrimos, aprendemos, traballamos, compartimos, divertímonos...

E que é o que imos investigar?...

Ahhhhhh!... Ide averiguando!!!

Hoxe é un gran día!!

CEIPARUA

Estes días os/as profes fomos ó cole a preparar o inicio do curso.
Polos corredores, nas clases, no patio, nos baños... había un silencio sepulcral. Botábase en falta a alegría dos nenos/as que todo o invade, que reverbera e se amplifica, case sen darte de conta.

Hoxe voltamos á rutina con enerxía e moitas gañas de dar apertas.

Hoxe é un gran día!!

Os primeiros anos na escola deixan un recordo imborrable, para ben ou para mal, deixámosvos aquí o recordo infantil dun dos nosos grandes poetas,
Antonio Machado:

Recuerdo infantil

Una tarde parda y fría
de invierno. Los colegiales
estudian. Monotonía
de lluvia tras los cristales.

Es la clase. En un cartel
se representa a Caín
fugitivo, y muerto Abel,
junto a una mancha carmín.

Con timbre sonoro y hueco
truena el maestro, un anciano
mal vestido, enjuto y seco,
que lleva un libro en la mano.

Y todo un coro infantil
va cantando la lección:
"mil veces ciento, cien mil;
mil veces mil, un millón ".

Una tarde parda y fría
de invierno. Los colegiales
estudian. Monotonía
de lluvia tras los cristales.

Benvidos/as :-) !!

02/09/09

Asemblea informativa da ANPA sobre a gratuidade de libros de texto

CEIPARUA

Publicado no blog da ANPA o martes 1 de setembro

A ANPA DO COLE CONVOCA A TÓDOLOS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS/AS DO CEIP A RÚA A UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA SOBRE O TEMA DOS LIBROS DE TEXTO.

VENRES DÍA 4 DE SETEMBRO
ÁS 18:00 HORAS
NO COLE

É MOI IMPORTANTE A VOSA ASISTENCIA
ESPERÁMOSVOS!!!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates