Piensa, Crea... ¡Acción!

CEIPARUA
O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF) concedeunos o proxecto "Pensa, crea... ¡Acción" para este curso 2014-2015. (ver convocatoria pinchando na imaxe).

http://educalab.es/intef/formacion/formacion-presencial/proyectos-de-innovacion-y-mejora



 O proxecto "Pensa, crea... ¡acción! (Os medios audiovisuais para o desenvolvemento das competencias clave) é un proxecto conxunto dos centros CEIP Santa Marina de Magán (Toledo), CEIP A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra) e Escola de Bordils (Girona).

 A tal efecto creamos o Blog "Piensa, crea... ¡Acción! para rexistrar as actividades desenvolvidas neste proxecto.

 As tecnoloxías audiovisuais comprenden aqueles medios e dispositivos que combinan a imaxe e o sonido para a transmisión da mensaxe. A través delas, as tres escolas pretendemos mellorar a formación do alumnado e cohesionar a comunidade educativa seguindo unhas liñas básicas de actuación:

 - Formación do alumnado: coñecementos curriculares, linguaxe audiovisual, competencias clave, coñecemento doutras realidades sociais, formación integral da persoa.
 - - Formación do profesorado: intercambio de experiencias, aprendizaxe entre iguais, mellora da competencia audiovisual, innovación metodolóxica, traballo interdisciplinar.
 - Formación das familias no uso das novas tecnoloxías e prevención de riscos en internet.
 - Inclusión das familias no proceso educativo dos fillos.
 - Repercusión do proxecto no entorno máis próximo do centro.

 Estas liñas de actuación estarán presentes nas temáticas comúns e específicas que cada centro desenvolverá coa súa comunidade educativa.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates