23/06/15

Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

CEIPARUA
Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.

ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".

  A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental:

1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña. 
 
O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
  Un momento da estrea no CGAI
  
2) Estrea do documental en Cineteca de Madrid. 
 O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
Un momento da estrea na Cineteca de Madrid

 Os nenos co director de cine Fernando Trueba

3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.

Un momento da estrea no CEIP A Rúa

En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.

4. Making Off (Imaxes)

20/06/15

ÚLTIMA ESTACIÓN DESTE CURSO VIAXEIRO

CEIPARUA
Para rematar este curso VIAXEIRO disfrutamos da búsqueda do tesouro con xogos cooperativos. Este ano tamén participaron os nenos/as de infantil.
Aquí tedes algunhas das fotos que amosan ós grupos, xogando xuntos nenos/as dende 3 anos ata sexto.

ESPERAMOS QUE TEÑADES UN VERÀN VIAXEIRO!!!

ÚLTIMA ESTACIÓN DESTE CURSO VIAXEIRO

May
Para rematar este curso VIAXEIRO disfrutamos da búsqueda do tesouro con xogos cooperativos. Este ano tamén participaron os nenos/as de infantil.
Aquí tedes algunhas das fotos que amosan ós grupos, xogando xuntos nenos/as dende 3 anos ata sexto.

ESPERAMOS QUE TEÑADES UN VERÀN VIAXEIRO!!!

02/06/15

BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DUNHA EDITORIAL

CEIPARUA

Este curso, o C.E.I.P. A Rúa participou no proxecto"BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL", unha actividade interdisciplinar e creativaque pretende fomentar a cultura emprendedora naEducación Secundaria a través da creación e xestión dunha editorial no instituto, especializada na elaboración e difusión de libros ilustrados para nenos/as, realizados totalmente por alumnos/as.

Oproxecto partiu do I.E.S. AS BARXAS pero convertiuse nunha gran experiencia didáctica interdepartamental e intercentros, entre eles o noso. A data de presentación do libro BARXILÓN NO MAR DO LATÓN será o mércores 10 de xuño ás 18:00 no Salón de Actos do I.E.S. AS BARXAS. Animamos ás familias a asistir a este acto en compañía dos seus fillos/as. Se estades interesados en asistir, pregamos a vosa confirmación antes do venres 5 de xuñopara poder organizar o espazo do que dispoñemos.

A seguir presentámosvos as colaboracións do CEIP A RÚA:

QUE É UN MEXILLÓN?

Neste simpático vídeo, os nosos compañeiros de infantil do CEIP A RÚA, explican o que eles entenden que é un mexillón. E un material moi útil, xa que serveunos de guía a hora de plantexar actividades didácticas orientadas a esa idade.

FACEMOS PATÉ DE MEXILLÓN
 
Os pequenos de 3 anos do CEIP A RÚA, fixeron un obradoiro de cociña inspirado en Barxilón. Aquí mostran como facer un sabroso paté de mejillón que xa quixeran os profesionais. 

CÓMO IMAXINAN A BARXILÓN OS NENOS DO CEIP A RÚA

 Unha vez escrita e ambientada a historia de Barxilón, os nenos de infantil e primaria do CEIP A RÚA, realizaron debuxos de como crían que era. Todos os nenos do cole fixeron a súa aportación, saíndo Barxilóns moi diversos, demostrando unha gran creatividade e orixinalidade. Aquí tedes unha mostra das obras destes ARTISTAS:

Todas as actividades relacionadas con este proxecto atópanse publicadas no blog "Porque un libro es una obra de arte"

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates