30/05/12

Tertulia literaria co alumnado de 6º curso

CEIPARUA
(Entrada publicada no blog Rizando o rizo: O pracer dunha tertulia mollada en chocolate)

O venres pasado celebramos unha tertulia literaria na biblioteca co alumnado de 6º curso de primaria e a súa profesora de lingua. Previamente lemos durante tres semanas o libro de Carmen Martin Gaite titulado "Caperucita en Manhattan".

A tertulia literaria deu comezo cunha introdución musical como recreación do ambiente desta obra, a partir dunha canción referenciada no libro: Parlami d'Amore Mariu, de Vittorio de Sica.

A partir de aí o debate centrouse en catro temas principais:

Primeiro, os alumnos e alumnas opinaron sobre se lles gustou a obra, sobre os seus puntos fortes e débiles...

En segundo lugar estableceron analoxías coa obra de Perrault: Carapuchiña vermella 

En terceiro lugar reconstruíron o argumento da obra entre todos e todas ao tempo que describían aos personaxes principais.

Por último, abordaron os temas principais tratados neste libro, en particular o tema da liberdade persoal.

Como epílogo, todos e todas compartimos un suculento almorzo, con chocolate quente e uns bolos e biscoitos que os propios alumnos/as trouxeron das súas casas.

Unha experiencia que merece a pena levar a cabo con máis frecuencia!!

Todo isto podemos velo nos 3 vídeos que seguen:

O primeiro arranca coa introdución e remata nas analoxías coa obra de Perrault.

 No segundo os alumnos/as reconstrúen o argumento da obra.

No último reflexionan sobre o tema da liberdade e... conclúen cun merecido almorzo!

Xosé

17/05/12

LIBROS Ó PATIO

CEIPARUA
COA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E CO BO TEMPO QUE ACOMPAÑA DECIDIMOS SACAR NA NOSA HORA DE LER LIBROS Ó PATIO.

COMO PODEDES COMPROBAR XA SEXA SÓ OU ACOMPAÑADO, EN PEQUENO OU GRAN GRUPO, Á SOMBRA OU Ó SOL E CALQUERA QUE SEXA O ESPACIO......UN BO LIBRO SEMPRE MERECE A PENA.
AS FAMILIAS TAMÉN ESTIVERON CONVIDADAS A PARTICIPAR. UNHA EXPERIENCIA MOI, MOI ESPECIAL. GRACIÑAS POLA VOSA COMPAÑA.

LIBROS Ó PATIO

rosamaria

16/05/12

Na punta do pé

CEIPARUA
Onte celebramos a festa das Letras a ritmo da música de PESDELÁN. Dende os máis cativos aos maiores, incluído o profesorado, bailamos, cantamos e pasamos unha xornada moi agradable.

Os nenos e as nenas escriben:

O día 15 de maio bailamos uns bailes no patio. Os bailes chamábanse: A pulga de palla, O xogo da carrasquiña, O gharutiño, Caminho de Viseu, O baiao. Foi ás 12:50. O que máis nos gustou foi O gharutiño. Pasámolo moi ben.
Anxo e Xaime

O día 15 de maio na penúltima sesión bailamos catro cancións cos de 1º e Infantil. Paseino moi ben. O meu favorito foi O gharutiño, tamén me encantou O xogo da carrasquiña.
Joel

O día 15 no colexio de A Rúa organizaron uns bailes. Bailou todo o colexio, e tamén os profes. Nos divertimos moito.
Héctor

Onte a profe Laura organizou uns bailes no cole, bailamos todos. Un dos bailes foi Caminho de Viseu. Pasámolo moi ben.
Lúa e Mar

15/05/12

Educar na responsabilidade, charla de Carmen Loureiro

CEIPARUA

 Hoxe tivemos o pracer de compartir o noso tempo con Carmen Loureiro, excepcional comunicadora, que vén falarnos de cómo educar na responsabilidade aos nosos fillos e fillas. 

Educar é unha tarefa moi difícil. Poidemos ver o exemplo visual dunhas pinguiñas de auga insertadas nun fío de coser despois de seren atravesadas por unha agulla. A probabilidade de que as pinguiñas se desfagan é moi alta.

(Imaxe tomada de http://danzandoencasasolaydescalza.blogspot.com.es/2011/05/el-collar-imposible.html)

Educar é unha tarefa case imposible se non unimos todos as nosas forzas: a familia e a escola. Seguro que as dificultades aparecen cando o pai e a nai non se poñen de acordo no xeito de educar, pero estas acentúanse se ademais non fan piña cos mestres dos seus fillos/as. De aquí nace a importancia de manter unha boa relación e unha comunicación moi fluída entre pais e mestres.

Carmen falounos da pirámide das necesidades, baseada en Maslow, un psicólogo de corte humanista. Existen 5 tipos de necesidades básicas:
as fisiolóxicas (do corpo para alimentarse e estar san), 
as necesidades de seguridade,
as de amor e pertenza,
as de autoestima, e
as de autorrealización.

 (Imaxe tomada en http://proyeccion.blogspot.es/1254454320/)

 Comezando polo nivel máis básico, se algún destes niveis non se atopa cuberto, as enerxías da persoa céntranse nel e impídennos seguir crecendo e cubrir as necesidades máis altas. Se unha persoa non se alimenta o suficiente, estará centrada en buscar comida e malamente poderá atender os outros tipos de necesidades. 

Pero temos que ter coidado, pois os excesos tamén teñen inconvenientes, e a virtude está no equilibrio. A sobrealimentación leva á obesidade, o exceso de seguridade leva ao sobreproteccionismo e impide crecer e adquirir autonomía propia, co exceso de amor e pertenza sucede outro tanto, con reforzar excesivamente a autoestima conseguimos persoas engreídas.

Educar na responsabilidade significa formar persoas conscientes dos seus dereitos pero tamén dos seus deberes.  Persoas con condutas asertivas, é dicir, nin pasivas nin agresivas, nin que agachen a cabeza para dicir si a todo, nin tampouco que anden polo mundo humillando a todo aquel que atopan por diante. Ser asertivo significa saber defender os dereitos propios respectando ao mesmo tempo os dereitos dos demais. (Ver aquí para ampliar esta información)

Outra parte da charla foi dedicada á xestión dos conflitos. Diante dun conflito, o peor que podemos facer é discutir co noso fillo/a e tratar de impoñer a nosa visión "en quente". A conduta máis prudente é utilizar a técnica do semáforo: estará vermello cando esteamos nerviosos/as, e nese momento o mellor é non facer nada e calmarnos, retirándonos da escena, e invitando ao noso fillo/a a "pensar" nun lugar tranquilo. O semáforo poñerase verde cando uns minutos despois (se o neno/a é cativo) esteamos máis calmados e poidamos dialogar sen a interferencia das emocións intensas. Debemos ter sempre en mente que nós somos un modelo que os nosos fillos/as imitan e do que en consecuencia aprenden. (Ver aquí para ampliar a información )

Na hora de educar podemos distinguir catro tipos básicos de estilos parentais
Autoritario
Indulxente ou permisivo
Neglixente
Autorizativo

O estilo máis aconsellable é o autorizativo, mediante o cal o fillo/a aprende a aceptar a autoridade dos pais porque está baseada no respecto, no diálogo pero tamén no control. No estilo autoritario os pais impoñen directamente o seu parecer, mentres que nos estilos permisivos ou neglixentes, ou ben deixan facer ou ben desenténdense de todo.

(Recollido en http://reme.uji.es/articulos/numero32/article2/texto.html)

E como colofón, reproducimos a Carta dun neno aos seus pais, que Carmen nos invitou a ler, e que sen dúbida, nos axuda a reflexionar sobre o significado de educar.

Cando ti crías que eu non miraba...
vin que colgabas a miña primeira pintura na neveira
e inmediatamente quixen pintar outra.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que poñías alimento no plato do gato
e aprendín que era bo ser amable cos animais.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que facías a miña tarta favorita
e aprendín que as cousas pequenas
poden ser especiais na vida.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que facías a comida e lla levabas a un amigo enfermo
e aprendín que todos temos que axudar a coidar a outros.
Cando ti crías que eu non miraba...
Vin como regalabas o teu tempo e o teu diñeiro
para axudar á xente que nada tiña...
e aprendín que os que teñen "algo",
deben compartir cos que non teñen nada.
Cando ti crías que eu non miraba...
sentín o teu bico antes de deitarme
e sentinme amado e seguro.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que coidabas da nosa casa e de todos dentro dela
e aprendín a coidar o que nos foi dado.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin como cumprías coas túas responsabilidades
aínda que non te sentiras moi ben
e aprendín que tería que ser responsable cando medrase.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin saír bágoas dos teus ollos
e aprendín que ás veces as cousas doen
pero está ben chorar.
Cando ti crías que eu non miraba ...MIÑA NAI
aprendín a maioría das leccións da vida
que necesito saber para ser unha boa persoa
cando medre.
Cando ti crías que eu non miraba...
Mireite e quería dicir:
GRAZAS por tódalas cousas que aprendín
CANDO TI CRÍAS QUE EU NON MIRABA

Grazas a Carmen Loureiro :-)

10/05/12

O circo dos olvidados

CEIPARUA
Hoxe tivemos a sorte de asistir á primeira representación da obra de teatro "O circo dos olvidados". Correu a cargo do grupo ATRAPATEATRO. Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos con afán e sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena, da música... 
Cando rematou, todos aplaudimos a rabiar, ninguén quería marchar.
Só o alumnado de 4º tivo a oportunidade de ensaiar uns cantos números de circo no patio do colexio tendo como monitores aos actores e actrices, ¡¡que sorte!!
Queremos felicitar a todas as persoas que fixeron posible esta magnífica representación. 
Noraboa e moitas grazas.

07/05/12

Charla para as familias do alumnado

CEIPARUA
Convidamos ás familias do alumnado á charla "Educando na responsabilidade" que terá lugar o luns 14 de maio ás 17:30 na Biblioteca do colexio.
 A relatora será Carmen Loureiro, profesora con ampla experiencia no campo educativo, ponente en actividades de formación do profesorado. Participou en diversas publicacións, entre elas podemos destacar Medrando sans.

Hai dous cursos que xa estivo connosco e deunos unha conferencia que nos gustou moito, que levaba por título "Como estimular a curiosidade e a aprendizaxe nos nosos fillos e fillas"Neste enlace temos un resumo daquela conferencia.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates