21/02/13

A segunda guerra mundial, a razón da senrazón

CEIPARUA
Hoxe, 21 de febreiro de 2013, Martín López Nores, familiar de Andrea, veu falarnos á clase de 5º dun tema moi, moi interesante: "A 2ª guerra mundial"

Todo comezou cando en Atención Educativa visionamos a película "El gran dictador" de Charles Chaplin, nela faise referencia ás dúas grandes guerras, 1ª e 2ª. Era imprescindible preguntarse: que razóns tan poderosas poderían levar ó mundo a embarcarse en dúas guerras globais, co coste humano, económico e medioambiental que  isto suporía para todo o planeta?

Buscamos información, puxémola en común. Foi entón cando Martín, sabedor da nosa curiosidade, prestouse para darnos unha charla onde contabamos con que nos aclarase algunhas dúbidas que se nos presentaban. 

Este luns o cine-fórum versou sobre a longametraxe "La vida es bella", queriamos contextualizar algo máis a temática. Reflexionamos sobre as razóns e as senrazóns: a razón do título, as razóns que levaron a Hitler á limpeza étnica ("La razón de la sinrazón..."*, como dicía Don Quixote), as razóns que levaron ó pai ó sacrificio que fixo polo seu fillo...

E, por fin, hoxe, Martín deleitounos cunha magnífica exposición, cercana, clarificadora, atractiva visualmente e bordada cunha rede de ideas perfectamente tecidas. En fin, un agasallo para todos nós!!
Invitámosvos a gozar dela neste enlace (facede clik na imaxe)

Grazas, Martín pola túa xenerosidade, por querer compartir con nós o moito que sabes. Como ti ben dis: 
"Sólo el conocimiento hará que podáis construir un mundo mejor"

*"La razón de la sinrazón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece, que con razón me quejo de la vuestra fermosura" (El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, Capítulo I)

Ana

08/02/13

Desfile do Entroido 2013

CEIPARUA
Hoxe no cole de A Rúa celebramos a festa do Entroido. Antes de saír ao recreo xa nos metemos unha boa comilona con filloas, orellas e outras lambonadas que trouxemos da casa.
 A seguir puxemos os nosos disfraces, nos que traballaramos toda a semana anterior e saímos ao patio para o desfile. Os nenos e nenas de infantil e as súas mestras disfrazáronse de duendes do bosque, con traxe, sombreiro e botas. Os de primeiro ciclo de primaria disfrazáronse de gatos con botas, os de segundo ciclo de xoaniñas e os de terceiro ciclo de mouchos.
 Fixemos despois o desfile arredor do cole, e ao rematar cantamos as coplas que xa tiñamos preparadas e ensaiadas coa letra e o baile. Os de primeiro ciclo cantaron coa música do Señor Don Gato, os de segundo co baile do Takatá e os de terceiro ciclo co Moucho Style.
 Por último, e como ven sendo habitual, queimamos o Meco que tiñamos preparado no medio do patio.

07/02/13

Estraños personaxes nas aulas

CEIPARUA
Esta mañá algo raro pasou, as clases estaban invadidas por estraños personaxes que vestían dunha forma rara. Botádelle unha ollada a estas fotos, o mesmo nos podedes axudar a descubrir de que se trata.

06/02/13

Soños de Paz

CEIPARUA
Con motivo do Día da Paz cantamos todos xuntos/as unha canción chea de soños.
Podedes ver o resultado no VÍDEO publicado no blog A BANDA DO COLE.

Soños de Paz

May
Con motivo do Día da Paz cantamos todos xuntos/as unha canción chea de soños.
Podedes ver o resultado no VÍDEO publicado no blog A BANDA DO COLE.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates