27/03/10

Hoxe apagón ás 20:30 na Hora do Planeta

CEIPARUA

Máis de 4.000 cidades súmanse ó apagón para salvar o planeta

Galicia contribúe á iniciativa coa participación de sete municipios

Da Alhambra ó Xeneralife; da Sagrada Familia á Muralla de Lugo; da Porta de Alcalá á Praza de María Pita; dos edificios do Corte Inglés ás tendas de Inditex; da Torre de Hércules á Catedral de Santiago.

Todos estes edificios e empresas, e moitos máis, repartidos por 125 países de todo o mundo apagarán hoxe as súas luces entre as 20:30 da tarde e as 21:30 da noite para participar na Hora do Planeta, unha iniciativa convocada por WWF para concienciar á poboación mundial da importancia de loitar contra o cambio climático.

A convocatoria deste año recibiu máis respaldo que nunca, tanto en España coma no mundo. En total serán máis de 4.000 cidades repartidas polos cinco continentes as que participarán no apagado das luces dos edificios públicos durante unha hora. O Coliseo romano, a torre Eiffel, o Cristo Redentor de Brasil, as pirámides de Guiza, o Empire State Building o Times Square son só algúns dos espazos singulares que quedarán a escuras.

En España, a mobilización tamén sumará unha participación récord. Onte pola tarde estaba confirmada a intervención na iniciativa de máis de 180 cidades, aínda que a organización esperaba que finalmente se sumasen máis de 200.

Galicia

Entre elas tamén se atopan oito cidades galegas. En principio adheríronse ao programa A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Oleiros, e Sarria. Os seus edificios e igrexas máis singulares permanecerán ás escuras. Pero non só os edificios públicos apagarán as luces. Tamén o farán o once paradores nacionais que funcionan na comunidade. De igual modo, a Federación Galega de Confrarías adheriuse á convocatoria, do mesmo xeito que Caixa Galicia, que apagará o interruptor nas súas sedes.

O obxectivo é mobilizar a máis de mil millóns de persoas de todo o mundo. Hoxe será a cuarta vez que WWF pida sesenta minutos de escuridade para conseguir que, a través dunha acción conxunta, os cidadáns sintan que «todos somos parte da solución ao cambio climático».

«É unha acción global e simbólica, como as que ao longo da historia deron paso ás grandes revolucións», destaca o secretario xeral de WWF España, Juan Carlos Olmo. No noso país, empresas como Telefónica, Coca Cola, o Corte Inglés Inditex, Ikea ou o Banco Santander tamén se sumaron.

Hoxe apagón ás 20:30 na Hora do Planeta

Ana

22/03/10

Hoxe conmemoramos o Día Mundial da Auga

CEIPARUA

Documentos TV: Enroscados

As Nacións Unidas estiman que no ano 2030 dúas terceiras partes do planeta non terán acceso á auga potable.

O documental que vos recomendamos hoxe indaga no papel da industria da auga embotellada neste problema e reflicte o impacto da crise mundial da auga.

Ano de produción: 2010

Persoas asociadas: Manuel Sánchez Pereira (Director) Televisión Española (Produtora)

Categorías: Programas, Documentais

Non o esquezades!! Os máis pequenos/as podedes velo con papá e mamá, para comprendelo mellor!

Na 2, o sábado 27 marzo ás 22:35

Máis información sobre o Día Mundial da Auga

Aquí tes un enlace cun resumo do contido.

Regulación de conflitos

CEIPARUA

O conflito é aceptado como unha parte inevitable do funcionamento social. Se existise unha vida sen conflitos estariamos privados das oportunidades necesarias para realizarnos. Aprendemos a través e grazas ao conflito. Pero o conflito soe resultar problemático e necesitamos de estratexias para canalizalo, para regulalo e encamiñalo de xeito que sexa construtivo para nós.

A modo de introdución pincha na imaxe de abaixo e terás unha exemplificación gráfica dunha estratexia básica para regular un conflito. Na web de Educarueca explícannos como traballar na aula a dinámica dos dous burros.

(Fonte do debuxo: Movemento americano contra a guerra – “No Foreing War Crusade – 1937″)

A seguir presentamos tres documentos que nos ofrecen información e recursos didácticos para traballar a regulación dos conflitos interpersoais na aula:

O primeiro é un documento de texto de 24 páxinas a modo dunha guía básica para docentes de ensinanza primaria. Analiza aspectos de provención, relaxación, análise do conflito, comunicación, empatía, asertividade, toma de decisións, mediación, metodoloxía didáctica e bibliografía.

A mesma web que recolle o enlace anterior ofrece un programa completo de resolución de conflitos secuenciado por idades, dende os 3 anos de educación infantil ata 6º curso de primaria, e que podemos imprimir por seccións independentes.

Por último, e xa enfocado aos docentes de primaria e secundaria presentamos este Taller de resolución/regulación de conflitos, realizado por Emilio Arranz Beltrán, que inclúe moitas dinámicas e vídeos.

Publicado no blog Orientación Educativa do CEIP A Rúa

18/03/10

O mellor papá do mundo!!

CEIPARUA
Dedicamos este traballo feito polos alumnos/as de 2º e publicado no seu blog "Formigas" a tódolos pais do CEIP A Rúa :-)
Encántame xogar contigo.
Eres moi bo.
Axúdasme sempre.
Confías en min.
Abrázasme.
Fasme rir.
Lévasme ao parque.
Dasme bicos.
Quérote con todo o corazón!!

(Nenos/as de 2º)

O mellor regalo para os nosos papás, o seu retrato e palabras bonitas.

Paséasme, peitéasme.
Axúdasme, aliméntasme.
Protéxesme, perdóasme.
Acompáñasme, abrázasme.

17/03/10

CARTAS AO DIRECTOR

CEIPARUA
Que é o importante agora?
Non sei moito de política pero algo sei de humanidades e polo pouco que sei do tema, atreveríame a dicir que á maioría da xente impórtanlle máis os campos de fútbol do Morrazo, o campo do Alondras, pero, a cantos de nós nos importa o decreto ou como din o decretazo?
Pensade vós cando leades isto, de verdade, a que lle dades máis importancia?
Pensade que nós os nenos temos que expresarnos na nosa lingua natal se non queremos que o Galego se extinga. Nos nosos colexios temos que falar galego algo máis (non pido moito) que o castelán e o inglés. O castelán o aprenderemos facilmente se viaxamos por fora de Galiza (ou por dentro) pero o galego non.
A pesar diso, quen se preocupa por nós? Nin sequera una cuarta parte de galegos intenta parar o decretazo ou manifestarse contra el.
Isto non é unha carta para manifestarse contra alguén, pero iso non significa que non estea dicindo nada, posto que é para que a xente se dea conta do que fai.

Caetano Eirea Orro (Alumno de 6º)

Recollido en 23 x 6 = Blog (O blog de sexto)

16/03/10

O erro, fonte de aprendizaxe

CEIPARUA

Queremos compartir con vós unha reflexión.
Buscando información na biblioteca do cole sobre a ampliación que se vai facer no centro, atopamos este libro: "Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez", da Editorial Galaxia.
Pensamos que nos falaría das obras de construción, pero, cal foi a nosa sorpresa ó ver que só falaba da vida dun señor e dos libros que escribiu!

Na posta en común, entre todos e todas, buscamos unha explicación:

-"¿Acaso o autor do libro quería enganar ós nenos/as de 2º incluíndo a palabra "obra" no título?"

-"É que igual se refire a unha obra de teatro que fixo"
-"Tamén se di obra cando fas poemas"
-"Eu sei que hai palabras que significan varias cousas, chámanse palabras polisémicas"

-"De acordo, moi ben, pero ademais de ser polisémicas, estas dúas palabras teñen algo especial, escríbense coas mesmas letras. Vouvos ensinar outra palabra que vén da lingua que falaban os romanos: homógrafo (homo: igual, grafo: letra), que teñen as mesmas letras:
OBRA (construción) e OBRA (libros que escribiu) "

-"Si, como GATO (animal) e GATO ( para arranxar as rodas do coche)"
-"Eu sei tres!! BANCO (de diñeiro), BANCO (de peixes) e BANCO (de sentarse)"
-"Eu outra, ORCA (animal) e HORCA (de aforcar)"
-"Tamén VACA (animal) e BACA (do coche)

- "Nestes dous últimos casos cambian as letras, falaremos entón de palabras homófonas (mesmo son pero distintas letras)

-"Como vedes, o erro de confundir -obra- (literaria) con -obra- (construción) levounos a aprender algo novo: as palabras homógrafas e homófonas. Os erros, se os aproveitamos, serven para aprender, nunca debemos ter medo nin vergoña de enganarnos. É máis, houbo descubrimentos importantísimos para a Humanidade que se conseguiron a partires dun accidente ou dun erro".

Pois, si, a miúdo os descubrimentos máis significativos, os produtos máis útiles e mesmo os materiais ou inventos máis revolucionarios cócense nas cociñas máis insospeitadas.

Trátase da ciencia inesperada, que sorprende ós seus propios descubridores/as, xorde dun accidente, dun erro, da sorte...pero, está claro que hai que ter a sagacidade para darse de conta.

A mazá caída no chan, fonte de inspiración para a teoría de
Newton

Esta mestura tan sorprendente ten un nome algo sorprendente tamén: "serendipia". Un "palabro" non admitido pola Real Academia da Lingua que tivo a súa orixe no conto "The Three Princes of Serendip" e que se refire aos descubrimentos inesperados que se fan grazas á combinación dun accidente e da astucia.
No libro as súas altezas realizaban continuos descubrimentos nas súas viaxes, que en principio non buscaban: por exemplo, un deles descubriu que unha mula cega do ollo dereito percorría ultimamente o mesmo camiño porque a herba estaba máis curta polo lado esquerdo.

Que teñen en común a dinamita, a penicilina e os manuscritos do Mar Morto?

Pois que os tres foron descubertos por accidente e pola sagacidade do observador/a.

Fleming estaba traballando cunhas bacterias chamadas estafilococos dourados e casualmente descubriu que estas eran destruídas por un fungo moi común, o Penicilum Notatum, ou sexa, a penicilina, que salvou moitas vidas desde entón.

Un mozo palestino lanzou unha pedra a unha cova escura, escoitou un son inesperado e deu cos manuscritos do Mar Morto.

Un corte accidental nun dedo levou a Alfred Nobel a descubrir a xelatina explosiva (dinamita).

Así que, sagaces investigadores/as do CEIP A Rúa, valorade os erros como o que realmente son, oportunidades inmellorables para aprender!! :-)

14/03/10

Éxito rotundo do 1º cross do CEIP A Rúa

CEIPARUA
Este domingo, ás 7:30 da mañá pais e nais da ANPA chegaban ó colexio ilusionados/as pola iniciativa de levar a cabo o 1º cross do CEIP A Rúa pero, á vez, coa tensión de que todo saíse á perfección.

Houbo unha grande afluencia de público, que queremos agradecer dende aquí. Nenos/as de todas as idades dos diferentes centros do Morrazo, pais, nais, avós/avoas , exalumnos/as...

Participaron case 400 atletas.

Climatoloxicamente, o día presentaba a súa mellor cara, lucía un sol radiante que, desgraciadamente, os eucaliptos ocultaban nalgúns tramos do percorrido.

Foi fantástico ver as caras de felicidade dos cativos/as correndo e recibindo as medallas!!

Contamos co mellor reporteiro, alma de toda a festa deportiva!!
Carlos, grazas por ser como es!! :-)

Na modalidade de adultos participaron máis de 30 persoas: pais, nais, exalumnos...

A organización, impecable!! O cross foi áxil, animado, divertido... unha gozada!!

Dende aquí, queremos darlle as grazas á ANPA, a tódolos pais e nais que colaboraron, á Fundación Cangas Deporte, ó Clube de Atletismo Vila de Cangas, a Calvar (Director Técnico Deportivo), á Deputación, a Protección Civil, ó Concello e a todas as empresas que contribuíron dunha forma ou outra para que este cross fose posible.

Finalmente, salientar a colaboración e participación no cross de Adrián e Nerea, dous exalumnos dos que estamos superorgullosos/as.
Por certo, para o cross do vindeiro ano, igual hai unha sorpresa para os exalumnos/as!! Estade atentos/as!!

De hoxe nun ano, máis e (aínda que vai ser difícil) mellor!!

Parabéns a todos os nosos e as nosas atletas
e a seguir correndo "cun pé aquí e outro acolá"!!

CLASIFICACIÓNS

11/03/10

Campamentos de verán, 2010

CEIPARUA
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de publicar, no DOG deste luns 8 de marzo, a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2010. Vai dirixida a mozos e mozas entre os 9 e os 17 anos. O prazo de inscrición comezou o 9 de marzo e remata o 23 de marzo.

SOLICITUDES

a) Hai dúas formas de presentar as solicitudes, por escrito ou telematicamente:

Por escrito: as solicitudes débense presentar no modelo oficial, que se pode obter en calquera dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas oficinas e puntos de información xuvenil ou ben descargarse directamente desde a páxina web www.xuventude.net, para logo presentala a través do rexistro.

Telematicamente: os solicitantes que posúan un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moeda, poden acceder a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://www.xunta.es/servizos-de-admon-electronica.

Transferiranse así automaticamente os datos da solicitude ao rexistro telemático da Xunta de Galicia.

Para máis información:
http://www.xuventude.net/web/xuventude/campamentosdeveran

"Projects Done", de Cándida Höfer

CEIPARUA
Publicado no blog de 6º "23x6=Blog"

Hoxe dez de marzo, os alumnos de sexto de primaria, fomos ao Museo do Marco a ver unha exposición chamada “Projects Done” de Candida Höfer e os seus
arquitectos. A súa exposición reúne proxectos fotográficos feitos dende 1968 a 2008.

Candida Höfer é unha fotógrafa alemana, a quen lle encanta facer fotografías sen xente na imaxe porque di que as fotografías con persoas sáenlle peor. Nalgunhas fotografías hai persoas, pero son moi raras.
Outra das súas características, é que a fotografía é un espazo vacío, e iso permítenos como............. se puidéramos imaxinar unha historia en cada imaxe. Ademais, algunhas das súas fotos, levan réplicas, como estatuas, pero en diferentes cidades do mundo, Londres, París, etc.
Tamén nesa mesma exposición hai imaxes na que saen animais, pero, donde están encerrados hai pinturas sobre o hábitat do animal.
Despois, fumos facer un taller. No taller tivemos que facer un espazo privado, unha habitación. Para facelo derónnos un papel para pintar, e despois uns mobles de papel, tamén para colorear.

Por: Laura Bouza Leirós

08/03/10

Día Internacional da Muller

CEIPARUA
Mulleres traballando nunha fábrica de conservas en Vigo.

Hoxe, luns 8 de marzo, celebramos o Día internacional da muller.
Esta data conmemórase en todo o mundo dende 1911, cando máis de un millón de mulleres se uniron para reivindicar o dereito a ir á escola, a votar, a ocupar cargos públicos, así como para pedir a igualdade co home no traballo.

Aínda que no noso país se avanzou moito nos últimos 50 anos, hai algunhas cousas que aínda están por mellorar, deixámosvos unha viñeta e un vídeo de Forges que vos poden dar ideas.

Propoñémosvos que acheguedes os vosos comentarios ó respecto. Animádevos!!

Nesta imaxe o profesorado e pais e nais podemos acceder ó blog do Seminario da Educación para a Igualdade, do CPR de Avilés, onde atoparemos información relevante en relación con esta temática:

Por último, outra proposta:

O outro día Santi de 2º de Primaria comentou "Dixo meu pai que hai un país onde as mulleres é coma se non existiran", podemos axudarlle a descubrir en que país (ou países) ocorre isto?

07/03/10

Antonio García Teijeiro dedícavos un poema!!

CEIPARUA
O outro día imaxinei que sería fantástico achegar as vosas bonitas palabras ó autor do libro de poemas "Á sombra do lueiro de papel", Antonio García Teijeiro.
Sen moitas esperanzas, busquei o seu correo na web, que atopei de casualidade.
Cal foi a miña sorpresa cando recibín a súa amable resposta cun agasallo para todos vós, nada máis e nada menos que un poema dedicado aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria!!
Reproduzo aquí as súas palabras e o poema:

Levo moitos anos, ás veces sen facer ruído, traballando a prol da presenza da poesía nas aulas. Paréceme indispensable. Por iso agradezóche as túas palabras "bonitas" e as dos teus alumnos e alumnas.
Dálle moitos bicos que os merecen.

Permíteme que saúde aos nenos e nenas de 1º e 2º do CEIP A Rúa de Cangas:

Os nenos e nenas
co seu mar nas costas
inventan palabras
bonitas, fermosas.
Eu quero enviarlles
uns bicos sen sombras,
uns bicos de flores,
uns bicos de rosas.

Grazas e parabéns.
Bicos e versos.
Antonio

05/03/10

Receitas para dicir palabras bonitas

CEIPARUA

O outro día na clase de 1º gozamos dun momento moi especial, deses que deben ser recordados e que che fan sentir privilexiada por dedicarte á tarefa de educar :-)

Na hora de ler leveilles o libro "Á sombra do lueiro de papel" de Antonio García Teijeiro. Comenteilles que lles traía este libro porque Antonio G. T. era un poeta, que sabía escribir con palabras bonitas e que eu admiraba porque para min era difícil expresarme desta maneira tan fermosa.

María pediu a palabra e dixo que ela podía axudarme a dicir palabras bonitas. Esta é a súa receita:

-"Tes que sentir algo bonito no teu corazón e despois dicilo"
-Profe Ana: Pon algún exemplo, María.
-María: Por exemplo, dicirlle á miña irmá Ana..."Ana aínda que sexas un bebé me encantas", ou o meu papá..."Papá, aínda que esteas canso de traballar tanto, quérote moito do meu corazón"

Pablo tamén comentou que el sabe escribir poemas e que "só tes que escribir algo bonito, como cousas que pasan na vida"

Ada regalounos estas palabras: "A amizade é bonita igual que o amor"

Agradezo ó nenos/as de 1º que nos ensinen a ver o lado poético da vida! Quero agasallalos cunhas receitas que me ensinou a lúa e que están para lamberse os dedos!!!
(As ilustracións son dos seus compañeiros/as de 2º de Primaria)

A lúa está cociñando
neboeiros na tixola.

O sol, sentado con ela,
non quere que estea sola.

Fai pratos ricos a lúa
Gústalle moito a cociña.

O seu doce preferido
é o turrón con estreliñas.

O sol á casa da lúa
vai cear todos os días.

Cando remata o labor
colle no ceo o tranvía.

Andan as présas os dous.
Don Tempo na porta chama.

Unha marcha ao seu traballo.
Outro lisca para cama.

Poema pertencente ó libro Á sombra do lueiro de papel,
de Antonio García Teijeiro

No seu último libro , "A poesía necesaria", busca contaxiar ilusi
ón e abrir canles promovendo a lectura e a creación poética nas aulas.

(Pinchando na imaxe temos unha entrevista en Galicia-Hoxe na que o autor nos fala da súa relación coa poesía)

"A poesía é tan necesaria como comer, respirar, conversar, chorar, subir ao autobús e aloumiñar" (Antonio García Teijeiro)

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates