ONTE POR FIN DISFRUTAMOS DAS INSTALACIÓNS RENOVADAS DO PATIO. FOI UN MOMENTO DE QUE SOBRE TODO OS MAIS PEQUENOS ESTÁBAMOS DESEXANDO...
08/06/19
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
CEIPARUA
10:32
Este ano celebramos a Semana das Letras Galegas con distintas actividades programadas para participar todo o cole.
A nosa semana comezou o venres coa celebración do “Día G” con noso xa tradicional recreo conxunto no que nos diriximos uns aos outros en galego, cantamos a canción “Comando G”, creada por nos, e disfrutamos dos xogos tradicionais a cargo dun grupo de xubilados do Morrazo.
Durante toda a semana estiveron ao disfrute de todos/as dous recunchos preparados por Roni, a nosa mascota.Un recuncho de lectura en galego e creción de marcapáxinas e outro, situado na entrada do cole, cun photocall.
O longo de toda a semana salimos todos/as ao patio a escoitar pequenas intrepretacións dos textos das obras de Antón Fráguas. Previamente nas aulas os alumnos investigaron sobre a súa biografía utilizando os fondos bibliográficos que atoparon na nosa Bilbioteca.
O mércores os nenos e nenas de 1º e 2º cantaron a canción do Bolo. Fixeron a receita da bica e ao rematar de cantar convidaron a todos/as os nenos/as do cole a degustala
06/06/19
CINEMA EN CURSO 2018-2019
Como en cursos anteriores, o CEIP A Rúa volve participar no Proxecta Cinema en curso. Este ano o alumnado de 6º creou unha película de ficción, “Entre silencios” e este foi o proceso:
Posta en marcha. Carta benvida Cinema en curso. Carta aos pais e nais. Mapa colexios participantes neste curso. Preguntas iniciais. Presentación. Selección de planos para a correspondencia con Bordils. Gran grupo. Individual. PDL 6º P
Correspondencia coa escola de Bordils. fixemos unha selección de planos do curso pasado para a correspondencia visual de Bordils.
Presentación EVisionados. Realizamos a presentación para a web do Proxecto Cinema en curso. Visionamos dous fragmentos de Mekas e Perlov. Observamos na web como son os textos que acompañan os planos do mundo para tomar como referencia.
Obradoiro de cinema. O cineasta Ángel Santos participa neste obradoiro. Visonamos fragmentos de Benning para que nos sirva de inspiración de cara á nosa correspondencia con Bordils. Nesta ocasión tamén saimos do centro para gravar planos ó longo do percorrido do regato do Saíñas para adxuntar á nosa correspondencia.
Obradoiro de cinema. Vemos as presentacións de Cinema en curso e a de Bordils para facerlles algún comentario. Visionado da correspondencia de Isaki La cuesta e por último visionamos planos deles. .
Obradoiro de cinema. Creamos textos breves expresando: lugar, data, motivación para filmar...para os nosos planos
Asemblea. Diálogo a partires dun plano de autor/a. Visionamos un plano de autor/a e dialogamos sobre as características cinematográficas do mesmo.
Escribimos na web de Cinema en curso sobre a participación no obradoiro Luz e Rostro. En grupos cooperativos e utilizando a estrutura "Folio xiratorio", elaboraramos unha entrada sobre a súa participación no Obradoiro.
Proceso de creación da película. Personaxe. Guión. Rodaxe e montaxe.
CINEMA EN CURSO 2018-2019
Como en cursos anteriores, o CEIP
A Rúa volve participar no Proxecta Cinema en curso. Este ano o alumnado de 6º
creou unha película de ficción, “Entre silencios” e este foi o proceso:
Posta en marcha. Carta benvida Cinema en curso. Carta aos pais e
nais. Mapa colexios participantes neste curso. Preguntas iniciais.
Presentación. Selección de planos para a correspondencia con Bordils. Gran
grupo. Individual. PDL 6º P
Correspondencia coa escola de Bordils. fixemos unha selección de planos do curso
pasado para a correspondencia visual de Bordils.
Presentación EVisionados. Realizamos a presentación para a web do
Proxecto Cinema en curso. Visionamos dous fragmentos de Mekas e Perlov. Observamos
na web como son os textos que acompañan os planos do mundo para tomar como
referencia.
Obradoiro de cinema. O cineasta Ángel Santos participa neste
obradoiro. Visonamos fragmentos de Benning para que nos sirva de inspiración de
cara á nosa correspondencia con Bordils. Nesta ocasión tamén saimos do centro para gravar planos ó
longo do percorrido do regato do Saíñas para adxuntar á nosa correspondencia.
Obradoiro de cinema. Vemos as presentacións de Cinema en curso e a
de Bordils para facerlles algún comentario. Visionado da correspondencia de Isaki
La cuesta e por último visionamos planos deles. .
Obradoiro de cinema. Creamos textos breves expresando: lugar, data, motivación para filmar...para os nosos planos
Asemblea. Diálogo a partires dun plano de autor/a. Visionamos un
plano de autor/a e dialogamos sobre as características cinematográficas do
mesmo.
Escribimos na web de Cinema en curso sobre a participación
no obradoiro Luz e Rostro. En grupos cooperativos e utilizando a estrutura
"Folio xiratorio", elaboraramos unha entrada sobre a súa participación
no Obradoiro.
Proceso de creación da película. Personaxe. Guión. Rodaxe e
montaxe.
OS PREGUNTOIROS.. O SEMENTEIRO E A INCUBADORA
Os preguntoiros “Investigando a
vida” céntranse en 5º e 6º na Materia e na Enerxía. Este curso 18-19 as fases
deste proxecto foron as seguintes:
os pasos a seguin neste proxecto: Investigando a vida, foron:
1. Fontes de información. Definimos en gran grupo
as posibles fontes de información a consultar
2.Decidir o tema a investigar por consenso entre todas as propostas dos grupos cooperarivos.Expoñer as propostas dos
alumnos/as para a construción dunha estrutura con circuito eléctrico que teña
unha utilidade para as clases, para o colexio, para o pobo..
3. Preguntas a resolver. Unha vez determinada a
temática a investigar, "A enerxía", cada grupo cooperativo utilizando a estrutura Folio xiratorio, deberá formular preguntas
sobre o tema.
4.Clasificación das preguntas. En pequenos
grupos agrupan as preguntas buscando o nexo común entre elas. Posta en común.
Pequeno grupo. Gran grupo.
5. Busca de información.
- A clase baixa á Biblioteca con
4 preguntas a resolver asignadas individualmente. Deben buscar a resposta. Se a
atopan, fotocopiarán a páxina e anotarán a bibliografía.
- Estrutura cooperativa: O
Quebracabezas. O tema está dividido en 4 apdos.: Electricidade, Enerxía,
Aparellos electrónicos e Gasto enerxético. Cada membro do grupo é un experto/a
en cada un dos apdos. e debe buscar na biblioteca libros que poidan respostar
ás preguntas correspondentes
6.Tratamento da información. A partires das fotocopias das páxinas dos libros
seleccionados na biblioteca, o alumnado busca a resposta ás preguntas que lle
corresponden.
7. Elaboración
e exposición das presentacións para exponer a resposta ás preguntas.
Exposición das mesmas diante dos compañeiros/as das clases de 5º e 6º.
8. Elaboración de rúbricas para avaliar as
presentacións. Avaliación individual, grupal e en gran grupo das presentacións
para a súa mellora.
9.Construción dunha estrutura con circuito eléctrico
cunha finalidade útil para o centro escolar: sementeiro, incubadora e
altofalante.
10. Elaboración de instrucións sobre o uso do
sementeiro, incubadora.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)