31/12/09

Un paso atrás para o galego

CEIPARUA
O novo decreto supón o primeiro retroceso para o galego no ensino

Noticia publicada en

A maioría de pais decidirá a lingua das troncais en cada centro pero, no total, galego, castelán e inglés deberán ter o mesmo peso.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desvelou finalmente onte as liñas mestras do seu anunciado decreto sobre o galego no ensino. Xusto no límite da súa propia promesa, que establecía que se presentaría un borrador antes de que rematase o 2009, Feijóo, acompañado do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, entre o público, debullou o que denominou “as bases do decreto do plurilingüismo no ensino en Galicia”, que equipara galego, castelán e inglés excepto na Educación Infantil, onde unha das linguas será sempre maioritaria segundo escolla a maioría dos pais de cada centro.

Estas bases serán agora remitidas ao resto dos partidos e a outras institucións como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega e o obxectivo da Xunta é que o novo modelo entre en vigor o vindeiro curso 2010-2011.

As bases do decreto contemplan que en Educación Infantil sexan os pais, a través dunha enquisa anual, os que decidan por maioría en cada centro o idioma vehicular dos seus fillos na aula. Os profesores, pola súa banda, terán a responsabilidade de que os nenos aprendan tamén as outras dúas linguas.

No caso da Educación Primaria e Secundaria, a consulta aos pais realizarase só cada catro anos. Nela, a maioría de pais de cada centro será a que decida en que lingua se imparten as materias troncais de Matemáticas e Coñecemento do Medio. O resto delas impartiranse nas outras dúas linguas ata compensar o total de xeito que galego, castelán e inglés teñan o mesmo número de horas, un 33%.

Estas son as liñas básicas dun sistema moito máis complexo co que Feijóo asegura que se cumpren todos os condicionantes que tiña sobre a mesa, propios e alleos. Así, o presidente di que se consegue un equilibrio total entre galego e castelán e se introduce unha terceira lingua.

Igualmente, indicou que os alumnos poderán falar na aula –excepto nas clases de linguas– en calquera dos tres idiomas con independencia do que fose elixido para impartir a materia. Feijóo tamén afirmou que con este sistema de tres terzos garantízase a “competencia equilibrada ao fin de cada ciclo nas tres linguas”. Segundo dixo, todo iso é tamén compatible con que os pais teñan capacidade de elección sempre dentro dos límites que marcan as sentenzas do Tribunal Supremo, o Estatuto e a Lei de Normalización Lingüística.

O presidente asegura que o decreto cumpre todos estes condicionantes, aínda que recoñece que a súa posta en funcionamento, no que se refire á introdución do inglés, será complicada, especialmente pola capacitación necesaria dos profesores para impartir determinadas asignaturas. Nin el nin o conselleiro foron capaces de dar unha data para que o inglés alcance ese 33%.

Tamén manifestou que con este sistema de tres terzos se garantiza a “competencia equilibrada ao fin de cada ciclo nas tres linguas”. Porén, ante a pregunta de se o sistema finalmente non funciona e se revela que a competencia non é a mesma, o titular da Xunta indicou que “se hai desaxustes será probablemente por problemas pedagóxicos, non do decreto”, trasladando así a responsabilidade aos equipos educativos de cada centro.

23/12/09

Festa do Nadal 2009 no CEIP A Rúa

CEIPARUA
Hoxe celebramos a festa de Nadal no cole.
Xa ben cedo os alumnos e alumnas de 5º e 6º foron cantar unhas panxoliñas polas aulas dos demais cursos, coas súas frautas e os seus xilofonos, comezando polas aulas de educación infantil, para ter a todo o mundo ben esperto.

Un pouquiño máis tarde chegaron os Reis Magos de Oriente, pois os camelos hoxe non tiñan gañas de correr e ademais non quixeron entrar no cole e quedaron a comer herba nunha veiga que estaba cerca. Os Reis visitaron todas as aulas, recollendo nos seus sacos todas as cartas que os nenos e nenas escribiran pedindo os seus regalos.

Houbo quen pediu cousas moi difíciles, como unha fada madriña ou mesmo pós máxicos
, pero haberá que esperar a ver se hai sorte.

Despois os Reis regalaron a todos os nenos e nenas uns caramelos moi doces feitos directamente nas fábricas de Oriente e marcharon buscar os regalos que esperamos que nos traian o día de Reis, que é o 6 de xaneiro do 2010.

Cando se foron os Reis, na aula de educación infantil xuntáronse todos os nenos e nenas e fixeron unha gran festa, onde houbo comida a fartar con doces de todas as cores e sabores e despois un gran baile. O baile de moda é o de Coco, un tipo simpático que move as pernas, a barriga ou a cabeza segundo lle peta e nós todos bailamos con el.

Por outra parte, hoxe tamén recolleu o seu premio a gañadora das rifas que fixeron os alumnos/as de 6º curso para xuntar cartos para ir de excursión de fin de curso. Levouse o prometido xamón ibérico, e unhas botelliñas de viño e un queixo grande e redondo para acompañalo. (Na foto podemos ver o acto de entrega)

Á festa tamén se sumaron os antigos alumnos e alumnas do CEIP A Rúa, que agora xa están no IES de Rodeira e viñeron ensinarnos as súas excelentes notas, así que noraboa para todos e todas :-)

O resto das fotos podedes velas pinchando neste enlace.

21/12/09

Recollemos lixo no patio

CEIPARUA

Recollemos lixo no patio

O outro día os nenos e nenas de 2º fomos recoller lixo ó patio.
Queriamos facer unha reflexión sobre o lixo que tiramos.
Levamos luvas nas mans para non ensuciarnos.
Se había un cristal ou algo perigoso, non se podía coller e avisabamos á profe.

Recollemos o lixo por zonas: primeiro o xardín, despois a pista de baloncesto, logo parque infantil...
Atopamos moitas cousas, por exemplo, plásticos, cartóns, papeis, latas...

Na clase, por parellas, fixemos grupos de lixo para clasificalo. Aprendemos matemáticas!!
A bolsa de lixo que recollemos pesaba 900 gr., era case un kilo.

Queremos facer unha reflexión

Os nenos e nenas de A Rúa tiramos lixo ó patio. Iso está moi mal e temos que acostumarnos a tiralo nas papeleiras. Outras persoas tamén o fan e terían que reflexionar.
Moitos días atopamos nas papeleiras merendas enteiras e saudables.
Non fagades iso porque os pais e nais traballan moi duro para conseguir eses alimentos.

Recollemos lixo no patio

Ana

O vento levantou a cuberta do polideportivo do IES de Rodeira

CEIPARUA
Carai!! Que susto!! Menos mal que non houbo ningunha desgraza persoal.
Enviámoslle moito ánimo ós compañeiros/as do IES Rodeira.

Queremos agradecer ós pais e nais do CEIP A Rúa que esperaron pacientemente a que chegasen os nenos/as transportados/as en autobús.

Podedes ver a noticia no xornal do mediodía da TVG (se non o ves xa ao iniciar o vídeo, podes atopar a noticia entre os minutos 37:50 a 38:20)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Regalemos Galego e enderezos de internet

CEIPARUA

Publicado por ruagalego o 18 dec 2009 ás 12:08 am | Etiquetado como : Promoción da lingua

O ENDL e a Biblioteca do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral elaboraron un catálogo de 16 páxinas en cor en formato .pdf de regalos en galego. Contén xoguetes, xogos de mesa, filmes, libros, música de todos os estilos e para todos os públicos, roupa, novas tecnoloxías…

regalemos

Descarga en pdf.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo elaborou unha guía de sitios web en galego para contribuír á difusión da información na nosa lingua, ao mesmo tempo que á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con ela quérese convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego.

enderezos

15/12/09

Bo Nadal 2009!!

CEIPARUA

A Comunidade educativa do C.E.I.P. A Rúa quere desexarvos a todos e todas un Bo Nadal 2009 e o mellor para este novo ano que comeza.

Esta é a letra da canción de Jhon Lennon, chea de contido, que soa na nosa felicitación:

13/12/09

Os alumn@s de 6º investigan

CEIPARUA

NIKOLA TESLA, o sabio ignorado

Nikola Tesla nacido en Similjan, Croacia, no seo dunha familia serbia, o 10 de xullo de 1856 e falecido en Nova York o 17 de xaneiro de 1943. Foi un físico matemático inventor e enxeñeiro Educouse en Graz e en Praga, onde estudou enxeñería eléctrica. No ano 1881 trasladouse a Budapest para traballar nunha compañía de telégrafos norteamericana, trasladándose a París o ano seguinte para traballar nunha das compañías de Thomas Alva Edison, onde realizou a súa maior achega: a teoría da corrente alterna en electricidade, o cal permitiulle idear o primeiro motor de indución en 1882.

En 1884 trasládase a Nova York, creando a súa propia compañía en 1886 tras romper as súas relacións laborais con Edison.

En 1887 consegue construír o motor de indución de corrente alterna e traballa nos laboratorios Westinghouse, onde concibe o sistema polifásico para trasladar a electricidade á longas distancias. En 1893 consegue transmitir enerxía electromagnética sen cables, construíndo o primeiro radiotransmisor (adiantándose a Guglielmo Marconi).

Co apoio financeiro de George Westinghouse, a corrente alterna substituíu a continua, sendo Tesla considerado coma o fundador da industria eléctrica. En 1891 inventou a bobina que leva o seu nome. A unidade de campo magnético no Sistema Internacional de Unidades tamén leva o seu nome.

Nikola Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade inalámbrico, de tal forma que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas.

Cadea humana na Ponte Vella de Ourense para pedir a gratuidade dos libros de texto

CEIPARUA
Cadea humana na Ponte Vella de Ourense este sábado.

Cadea humana en Ourense co lema

"Préstame un libro de texto"

A plataforma cidadá formada en protesta polo recorte da Xunta no servizo continúa as súas mobilizacións en todo o país.

Redacción - 10:15 12/12/2009

A Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto concéntrase unha vez máis en favor do retorno "á gratuidade universal" do anterior sistema de empréstito. Será desta volta en Ourense, onde o obxectivo é organizar unha cadea humana baixo o lema 'Préstame un libro de texto'. Convidan a participar "a todas as familias que desexen manifestar o seu apoio a este dereito fundamental" que semellaba estar xa consolidado. De xeito paralelo haberá sesións de contacontos destinadas aos cativos que acudan con nais e pais á concentración. Será este sábado na Ponte Vella ás 17 horas.

A plataforma formouse o pasado verán, inicialmente impulsada por nais e pais da zona do Barbanza, que comezaron a protesta logo de coñecerse a intención da Consellaría de Educación de acabar co sistema que garantía o fornecemento de libros escolares de balde. Facéndose eco do propio debate parlamentario aberto ao respecto desta viraxe, denuncian o argumento de aforro co que a Xunta defende o recorte e reclaman a continuidade do dereito a libros de texto gratuítos.

Entre os argumentos en defensa do sistema de gratuidade, a plataforma recorda que dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio recibe en préstamo os manuais que vai necesitar ao longo do curso escolar. "Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos, pasados 4 anos, os libros son renovados: todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro", sinalan.

Fonte: Vieiros

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Máis información no blog da ANPA

11/12/09

No Nadal, un libro (ou dous)

CEIPARUA

A coordinadora de equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Morrazo
elaborou unhas guías de lecturas para o Nadal.
Están no prelo e pronto serán distribuídas nos coles e institutos.
Aquí tedes as de Infantil:

(Fai click na imaxe para vela a tamaño grande)

E aquí as de Primaria:

Publicado no blog do CEIP Quintela, "Dinamiza, normaliza"

No CEIP A Rúa editaremos en breve ademais unha guía complementaria elaborada por Roni e o seu equipo de colaboradores/as da Biblioteca, non vola perdades!!

09/12/09

Para deixar de comer os indixestos rabos de pasas!!

CEIPARUA
Di un dito popular que para ter un memorión deberás comer moitos rabos de pasas!!
Propoñémosvos unha opción máis dixestiva co fin de exercitar a vosa memoria. Para os máis pequenos temos este xogo, todo dedicado a paxariños e outras aves máis grandotas!

Un xogo de memoria que tamén vos axuda a repasar o vocabulario en inglés

E para ter máis memoria que un elefante non hai mellor cousa que seguir practicando:

06/12/09

Cine na Rúa, os irmáns Marx

CEIPARUA
Ola! Seguro que con tanta chuvia estades un pouco aburrid@s.
Imos facervos unha proposta. Ide quentando as pombiñas de millo e collendo sitio no sofá!!

Hoxe inauguramos no noso superblog a sección CINE NA RÚA:

Queremos que compartades connosco algunhas escenas de pelis que son verdadeiras obras de ARTE.
Estamos seguros/as de que vos engaiolarán e pouco a pouco entraredes a formar parte do clube dos cinéfilos/as.
Comezaremos con algúns clásicos. Películas antigas, en branco e negro, algunhas mudas pero, francamente, non precisan nin son nin cores.

Iniciamos esta primeira entrega cos irmáns Marx (Chico, Harpo e Groucho Marx), cómicos estadounidenses que fixeron teatro, cine e televisión aló polo 1900, sendo coñecidos mundialmente.
A escena que vos achegamos (O camarote dos irmáns Marx) pertence á película "Unha noite na ópera"(1935)

Veña!! Facédenos un sitio que empeza XA!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates