30/03/11

Excursión a Meiro para coñecer o millo corvo

CEIPARUA
O xoves, 17 de marzo, os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos unha excursión a Meiro para coñecer o millo corvo.
O primeiro que fixemos ó chegar foi subirnos a un canastro no que había millo colgado (tiñamos que subir por grupos de 5 ou 6).
Mentres non nos tocaba subir, unha señora ensinounos un palleiro e outros usos da palla; alí había unha cesta chea de carozos de millo e podiamos coller.
Despois fomos botar os carozos de millo que recollemos nun forno para facer pan.
Logo andivemos ata un muíño e vimos moer os grans que se convertían en fariña; ó sair merendamos.
No camiño de volta, paramos a beber nunha fonte. Pouco despois chegamos ao forno e xa estaba o pan listo para comer, quentiño e riquísimo!!!

Nerea, 5º de Primaria

Deixámosvos unhas fotos que ilustran o ben que o pasamos!!! :-)

Ana

08/03/11

Festa de Entroido 2011

CEIPARUA
O venres celebramos no cole de A Rúa o Entroido deste ano. Xa levabamos toda a semana esperando este día e estivemos moi atarefados preparando o desfile, tanto os disfraces como as coplas para cantar. Traballar traballamos, pero comida tampouco falta eh! Como este ano temos A Alimentación como "tema núcleo", tamén estamos fartos de cociñar e de meter para o bandullo todo canto facemos, pois está todo delicioso!

Despois do recreo chegou a hora do desfile, e alá fomos todos e todas. Sabedes de que nos disfrazamos este ano? Pois si, de algo relacionado coa comida e a alimentación! Os de educación infantil ían diante, disfrazados de camareiros e camareiras, e parecían uns expertos profesionais, de elegantes que estaban, cos seus traxes, o pano colgando do brazo e a bandexa chea de manxares na man. Máis que un desfile de camareiros/as parecía un desfile de modelos!

Seguíanos os de primeiro ciclo cos seus disfraces de berenxenas, que tamén foron ben orixinais! E ademais levaban un grande estandarte.

Logo os de segundo ciclo ían de cociñeiros/as cuns sombreiros ben vistosos, ata parecía que algún o collera prestado nun barco pirata!  Xa pechando o desfile ían os de 3º ciclo disfrazados de caramelos multicolores.

Despois, no patio cantamos as coplas, primeiro os de infantil, despois os de 1º ciclo, os de 2º ciclo e remataron os de 3º ciclo. 

 AS COPLAS PODEDES LELAS AQUÍ

Por último, de despedida, queimamos ao meco no medio do patio, e levou o seu merecido por querer comer a merenda dos nenos e nenas.

Agradecemos a presenza de moitos papás e mamás que viñeron animarnos a todos!

02/03/11

Traballando en grupo

CEIPARUA
Hoxe os papás e as mamás viñeron traballar nos disfraces para os nenos e nenas.
Sarai (1º)
Hoxe os papás e as mamás de 1º e 2º reuníronse nas aulas para facer os disfraces de carnaval. As mamás están facendo colares e bolsos para pequenas berenxenas.
Santi (3º)

Sen a vosa colaboración sería moito máis difícil, grazas.

Traballando en grupo

Chus

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates