27/01/10

Conmemoramos o día da Paz

CEIPARUA
O 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz.

Os nenos e nenas de 2º elaboramos un acróstico en relación co
RESPECTO, unha palabra fundamental para conseguir a Paz no día a día.
Aquí volo deixamos:

R
ecoñezo que hai outras persoas que teñen outros gustos.
Entendo que non podo enfadarme con quen pensa diferente.
Sei que hai culturas distintas.
Penso que todos/as temos unha maneira diferente de vivir.
Espero que me queiran tal como son.
Comprendo que hai xente que come outros alimentos.
Todos/as somos libres de pensar.
Oxalá que todo isto sexa realidade.

Aula de 4 anos

Este vídeo que atopamos no blog Casa de tol@s podería servir para ilustrar o noso acróstico.
A música é de Mamá Cabra.

Conflitos bélicos que hai hoxe en día no mundo :-(
(información de Inés, 2º Primaria)

As diferencias non nos separan, enriquécennos, como amosa este outro vídeo.
Todos e todas, independentemente da nosa condición, temos dereito a imaxinar xuntos/as, da man de Jhon Lennon, un mundo mellor :-)

Cartel elaborado polos nenos/as da aula de 5 anos

Conmemoramos o día da Paz

Ana

Achégase o Entroido e no cole colaboramos todas e todos

CEIPARUA

Como preparan os disfraces en 1º e 2º de Primaria

Cando os nenos/as chegan a 1º e 2º as profesoras pídenlle ás nais e pais dos alumnos que vaian os martes pola tarde para axudar a facer os disfraces.
¿Queredes saber como é?

Como axudan as nais e pais

Cando vai chegando a xente as profesoras (neste caso Chus e Mari Carmen) van indicando o que hai que facer.
Este ano van disfrazados/as de "Formigas espaciais" e o que fixemos foi isto:

1º. Collemos un disfrace en forma de bolsa, miramos o nome e buscamos nas carpetas o mesmo nome que o da bolsa.
2º. Pegamos na parte dianteira da bolsa un "E" vermello que estaba dentro da carpeta.
3º. Decoramos o "E" con recortes prateados de distintas formas.
4º Nunha caixa, na que había raios prateados, buscamos o que tiña o mesmo nome que o da bolsa.
5º Unha vez atopado o raio, pegámolo na parte de atrás da bolsa para que quedara na espalda.
6º Na carpeta, tamén había unhas antenas-lupa que tivemos que recortar.

Bueno, istos son os pasos que fixemos as nais-pais-nenos/as maiores e as profes. De momento só un martes, o día 26.

Autora do texto: Catalina (4º)

Chus

16/01/10

Actividades para o día da paz 2010

CEIPARUA
Dende a web do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) propóñennos unha unidade didáctica con actividades variadas para primaria e secundaria. Podes velo pinchando na imaxe:

No blog O RECANTO DE MIK obtemos unha excelente recompilación de recursos para conmemorar o día da paz deste ano, que reproducimos a continuación:

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Como xa está cerca o Día Internacional da Paz e da Non Violencia, nos coles empezamos a preparar actividades, lecturas, xogos..., que conduzan ao noso alumnado á reflexión sobre a necesidade de erradicar as guerras do mundo.

No enlace atoparedes unha recompilación de páxinas con variedade de recursos para empregar nas aulas Recursos día da Paz. Ao longo destes días tentaremos ir ampliándoa.

------ ----------Novos recursos para o Día da Paz que nos achegan dende diferentes centros escolares:

Dende a
biblioteca do Ceip de Andrade, un estupendo folleto de propostas de lecturas e cine para Educación Infantil e Primaria:

Dende a unitaria de Vide, unha adaptación do conto "Wangari y los árboles de la paz" da editorial Ekaré:

E unha unha colección de carteis para a Paz, que nos envían dende a biblioteca do CEIP de Esteiro.

Moitas grazas a Cuchi, Sabela e Encarna, que tan xenerosamente comparten o seu traballo

Concluímos cos recursos recompilados no blog de Orientación Andújar, que inclúen vídeos, cancións, videoforum, actividades, presentacións, etc. :

15/01/10

Deseño do caderno de investigadores/as

CEIPARUA
Como temos moitísimo que investigar e precisamos tomar notas das nosas fabulosas observacións e hipóteses...
Este curso os nenos e nenas, dende Educación Infantil ata 6º, elaboramos uns debuxos e slogans para decorar un caderno de investigadores/as co que o cole agasallará a tódolos alumnos e alumnas.
Aquí vos deixamos os traballos finalistas, xa veredes que chulos!! :-)

Folga xeral no ensino o día 21 de xaneiro

CEIPARUA

A plataforma Queremos Galego convoca unha folga xeral no ensino para o día 21 de xaneiro, en resposta á publicación das bases do novo decreto.

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, elaborou esta entrada na súa web, cunha compilación de artigos, análises e posicionamentos públicos sobre as bases da Xunta para derrogar o decreto do galego no ensino:

Completamos esta información coa entrada publicada no blog Heroínas de Sálvora.

Publicado no blog de Normalización lingüística do CEIP A Rúa "Galego a lambetadas"

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates