25/07/17

Premios Proxecta 2016/2017

CEIPARUA
  O profesorado do CEIP A Rúa ven de acadar o recoñecemento na súa labor na implantación de metodoloxías activas e innovadoras. 


   A Rúa recibiu un dos terceiros premios na categoría A por un traballo sobre a alfabetización audiovisual, compartindo posto co CEIP Illas Cíes de Vigo, que o recibiu pola súa tarefa sobre consumo responsable.

   Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

  Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

  A Xunta de Galicia distingue os resultados do CEIP A Rúa xunto con 18 centro da comunidade. 

  O centro presentou a este plan documental Entre Redes realizado polo alumnado de 6º deste ano, dentro do proxecto Cinema en curso. A Rúa leva participando neste proxecto fai xa 4 anos, sobre todo, con alumnado de 5º e 6º.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates