25/11/18

“II ROMARÍA – MAGOSTO NA RÚA”

CEIPARUA
   O día 13 de novembro, toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa estaba convidada para celebrar a II Romaría Magosto na Rúa”.

PINCHA AQUÍ PARA VER OS MELLORES MOMENTOS DESTA FESTA
MAGOSTO MAGOSTO

Foi una gran festa con xogos, obradoiros, música, bailes tradicionais … e por suposto a degustación de doces de outono e CASTAÑAS! Para rematar a romaría emborrallándonos todos xuntos.
Xa pola mañá había moito movemento no patio do noso cole: familias cos nenos, nenas e mestres decorando o patio, outros preparando e colocando as lambetadas, Paco preparando a fogueira para asar as castañas... todos preparando o lugar para a festa.
Algúns profes e rapaces tamén estaban moi ocupados vestíndose con roupa axeitada para ir de Romaría.
Estaba todo preparado e... para dar comezo, os nenos e nenas de 3º e 4º cantaron e bailaron o “Rap do magosto” de Paco Nogueiras. Despois seguiron as pandereteiras do noso cole que nos alegraron coas súas cancións.

Ao rematar as pandereteiras  deron paso aos obradoiros con actividades de manualidades de castañas, decoración de buxainas, obras de arte no chan...

Houbo xogos divertidísimos como: a mariola, bolas, chapas, cadeiras... 

 e a degustación de doces de outono e castañas...

 e polo medio música galega e familias, nenos, nenas e mestres a desfrutar xuntos.

Non faltou unha avoa que bailaba de luxo dándonos unha lección a todos.

Pasámolo moi ben. Viva o magosto da Rúa!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates