28/05/10

En A Rúa estamos preparados/as para unha emerxencia!!

CEIPARUA
O venres no cole levamos a cabo un simulacro de evacuación.

Sobre as 10 horas da mañá, apagouse a luz e comezou a soar unha estrana campá que nos desconcertou. Nun primeiro momento, pensamos que era algunha clase que andaba polo corredor facendo algunha falcatruada pero, ante a insistencia do sinal acústico, saímos das aulas e...Cáspita!! É un simulacro de evacuación!

Atopámonos cun grande obstaćulo na entrada principal: INCENDIO NA CALDEIRA, PASO CORTADO!! O peor foi para os de 5º que, ó estar na Biblioteca, tiñan o paso cortado por lume e non podían saír. Tras uns instantes de desconcerto, en canto chegou a Policía Local, comezaron a evacuación por unha das ventás, foi todo un acontecemento!!

En xeral, o noso proceder mereceu un...notable alto, con algunhas pequeniñas deficiencias, como algunha porta aberta. Tra-lo exercicio, os máis pequenos/as puideron subirse ó supercamión de bombeiros que moi amablemente lles ensinaron Protección civil e a Policía Local. Dámoslles as grazas por colaborar connosco e contribuír a que na Rúa esteamos moi preparados para unha suposta emerxencia.

O Faro de Vigo fíxose eco do noso simulacro de evacuación:

Un incendio muy didáctico

Un simulacro de fuego en el colegio A Rúa deriva en clases de Protección Civil

Daba el reloj las diez y el conserje la alarma al 112 por un supuesto incendio en la sala de calderas. Con la directora al frente, se cortó la luz y el agua, se hizo sonar la campana de emergencias y los alumnos fueron evacuados al exterior. Llegaron la Policía Local, Guardia Civil y Protección Civil, que aprovechó el viaje para mostrar sus medios.

Un grupo de niños desfilan ante el camión de emergencias de   Protección Civil.  // Gonzalo Núñez

Un grupo de niños y niñas desfilan ante el camión de emergencias

(Gonzalo Núñez)

G.M.PORTELA - CANGAS La respuesta a la emergencia fue eficaz, aunque sirvió también para pulir algunos pequeños errores de actuación y coordinación, que es lo que se pretende con este tipo de simulacros. Además, el día y hora elegidos no eran los más apropiados, ya que la mayor afluencia de personas y vehículos a Cangas y el mercadillo de los viernes obliga a desplegar todos los efectivos en el centro urbano. "Pero bueno, diso se trata, porque os accidentes pasan cando pasan, e non cando hai más medios dispoñibles", reconocían miembros de los cuerpos desplegados en A Rúa, mientras una madre que se acercó algo asustada al recinto, respiraba aliviada al encontrarse con expresiones relajadas. "Ah, es un simulacro, ¿no?"

Miembros del turno de guardia de Protección Civil acompañaron a representantes del centro, con la directora al frente, en un recorrido por las instalaciones, y luego pidieron aprovechar la visita para enseñar a los cerca de 200 niños y niñas que estudian en A Rúa los medios con que cuentan los equipos de emergencias. Así, se formó una cola para sentarse al volante del camión de incendios, e incluso hacer sonar las sirenas, para regocijo de los pequeños protagonistas, que fueron desfilando por el interior del aparatoso vehículo mientras se tomaba testimonio gráfico de la experiencia.

Los simulacros en los centros de enseñanza se realizan periódicamente para conocer la respuesta de los responsables de los colegios y también de los equipos de emergencias. Existe un protocolo de actuación al que deben ajustarse en cada caso, y la coordinación es fundamental en caso de que el peligro sea real y no simulado. Además, Protección Civil realiza otros servicios de apoyo, como clases formativas y atención a otras carencias de los colegios. Ayer venían de O Hío de suministrar agua, al producirse cortes en la red de abastecimiento.

Ana

27/05/10

A Xunta publica no DOG o Decreto de Plurilingüismo

CEIPARUA

>> O Goberno galego fai público o texto da polémica norma despois de anunciar os seus puntos clave a pasada semana

>> O decreto 79/2010 elimina a consulta aos pais en Primaria e Secundaria, pero permite aos cativos o uso de calquera lingua oficial en clase e especifica que materias se impartirán en galego e cales en castelán.

A Xunta acaba de facer público no Diario Oficial de Galicia o texto do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. O Goberno galego, logo de explicar algúns puntos clave a pasada semana tras o Consello, publica por fin todos os detalles dunha norma que foi rectificada trece veces desde que en decembro pasado o presidente Núñez Feijóo anunciase un anteproxecto. O decreto 79/2010 mantén as liñas bases do anunciado polo Executivo hai tan só uns días, polo que retira a consulta aos pais en Primaria e Secundaria ata facelas posibles cunha lei 'ad hoc'
O decreto, no entanto, especifica que en Primaria e Secundaria, Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química deberán ser impartidas obrigatoriamente en castelán, mentres que Coñecemento do Medio, Ciencias Sociais, Natureza e Bioloxía daranse en galego. Esta disposición provocará que moitos profesores que levaban anos dando as súas clases en galego teñan que cambiar o seu idioma habitual.
Ademais, a norma confirma a desaparición dos "equipos de normalización e dinamización", que pasarán a denominarse "equipos de dinamización da lingua galega" e especifica que o alumnado "poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a súa lingua"

23/05/10

Informática para pais e nais o vindeiro mércores

CEIPARUA

SESIÓN FORMATIVA DO MUNDO DAS TIC

O vindeiro mércores, día 26 de maio, ás 17:00 horas, na aula de informática do noso centro, terá lugar unha sesión formativa sobre diversos aspectos do mundo das TIC (a informática e os ordenadores)

Trataranse temas como:

- As vantaxes de usar software libre nos nosos ordenadores.
- Aplicacións básicas (programas) en software libre (suite ofimática, navegador de internet...)
- Recursos educativos en internet: busca de información (google, wikipedia...), actividades online (flash, Jclic), xogos educativos, práctica de mecanografía, google maps, blogs, etc.
- Seguridade en internet... e calquera outro tema do voso interese.

Esperámosvos a tod@s!!!

Non fai falta que teñades moitos coñecementos de informática, só gañas de aprender!! Animádevos!!

Publicado no blog da ANPA

22/05/10

1º Correlingua do Morrazo

CEIPARUA

Hoxe, 21 de maio de 2010, inauguramos o 1º Correlingua do Morrazo. Saímos con puntualidade do colexio, protexidos con crema solar e gorras porque o día prometía unha solaina de coidado, e así foi. Xuntámonos en Bueu moitos nenos/as dos coles de O Morrazo: A Rúa, Seixo, A Pedra, Beluso, O Carballal, Quintela, O Hío... Os do cole do Hío foron moi finos e ata levaron os seus propios gaiteiros!!

Demos unha volta polas rúas de Bueu e tivemos que suar a gota gorda, así que aproveitamos para reivindicar un lema improvisado: "Estamos asados, queremos xeados!" Despois xuntámonos todos na nova praza do Concello, onde nos esperaba Mama Cabra para facer a festa. Alí cantamos, bailamos e refrescámonos con auga todo o que puidemos.

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

20/05/10

Letras Galegas 2010, homenaxe a Uxío Novoneyra

CEIPARUA
Esta semana levamos a cabo distintos actos e actividades didácticas para conmemorar o día das Letras Galegas que este ano está dedicado á figura do escritor lucense Uxío Novoneyra.
Os nenos e nenas de 4 anos elaboraron un cartafol sobre a súa vida e obra que recollemos nesta bonita presentación:

O martes, os alumnos e alumnas de 6º curso agasalláronnos cunha presentación audiovisual. Recitáronnos poemas de Novoneyra, acompañados coa música e as fotos da serra do Courel onde naceu o poeta.

E durante toda a semana, ata este venres, en horario de 16:30 a 18:00, está aberta a exposición "Os nosos maiores" na biblioteca do noso centro. Animádevos a visitala!

(Se pinchades na foto podedes ver todas as demais).

14/05/10

PERSENSAR: Conferencia de Carmen Loureiro

CEIPARUA

Os pais, nais e profesores/as do CEIP A Rúa asistimos hoxe a unha marabillosa charla impartida por Carmen Loureiro, mestra e profesora de linguas do IES de Vilagarcía de Arousa. Carmen hai anos que forma parte dun grupo que investiga as posibilidades da filosofía para nenos/a, e coa súa graza e habilidade comunicativa animounos aos pais e nais na difícil tarefa de educar. 

A súa charla tiña por título: "Como estimular a curiosidade e a aprendizaxe nos nosos fillos e fillas". Falounos primeiro da pirámide das necesidades, e que para que un neno/a disfrutase coa actividade diaria era preciso que tivese previamente outras necesidades básicas cubertas (fisiolóxicas, seguridade, amor e pertenza e, autoestima). Estas necesidades precisaban ser cubertas na súa xusta medida, é dicir, os pais/nais temos que ter coidado de que aos nosos fillos/as non lles falte de nada, pero tamén de que non se afoguen nos excesos. Debemos fomentar a súa autoestima, autonomía e responsabilidade persoal dende ben pequenos.

Logo falounos da importancia de educar tres dimensións principais do ser humano: percibir, sentir e pensar (de aí a palabra PERSENSAR). Percibir quere dicir ensinarlle ao neno/a enfocar a atención nos seus sentidos, de xeito que se faga consciente de que existen sabores, cores, aromas, texturas, formas... e iso podémosllo ensinar no día a día poñéndoo diante de experiencias diversas de tipo sensorial. Ensinar a sentir implica cultivar a sensibilidade humana, a empatía cos nosos semellantes. Ensinar a pensar supón formarse un pensamento analítico e crítico coa realidade.

Non existe unha única intelixencia, como se pensaba aínda hai poucos anos. As modernas teorías da psicoloxía falan de intelixencias múltiples, e a nosa tarefa como pais/nais e educadores é cultivalas todas na medida do posible. Temos así a intelixencia emocional, a intelixencia lingüística, matemática, musical, artística, etc. E o mellor xeito de cultivalas e poñendo ao neno/a en situacións reais ou o máis reais posibles e buscando sempre a súa implicación e estimulando a súa curiosidade. Podemos utilizar moitos recursos: os contos, a música, a arte, a natureza...

Como colofón final teremos que lembrar que nós, os pais/nais e mestres somos os modelos que os nosos fillos/as imitan, e que moitas das cousas que aprenden fano xusto cando nos están mirando sen que nos deamos de conta, mentres nós temos a atención posta noutro lado.

Moitas grazas, Carmen :-)

06/05/10

Interculturalidade no CEIP A Rúa

CEIPARUA

Hoxe o día 6 de maio, fomos a clase de 4º escoitar a unha moza que se chama María é que era unha representante dunha asociación humanitaria que traballa en América central nestes momentos, axudando ás persoas pobres.
Explicounos cousas de América Central e despois contounos un conto de como a India se converteu nun sol.

Nenos e nenas de 3º de Primaria

Hoxe, xoves, 6 de maio, veu á Rúa un "atrapa contos" chamado Anxo e o seu axudante Mohamed Kechua, un cociñeiro de contos. Ensinounos a cociñar contos. Contounos moitas historias sobre África e os emigrantes. Contaba os contos con monicreques que fixeron as mulleres que traballaban para que os seus fillos foran á escola. Tamén os contaba coas areas do deserto e as bágoas da paz.

A continuación chegou Mohamed montado no seu patinete, un patinete da paz. O primeiro que fixo foi ensinarnos a cociñar contos. Contounos un conto con forma de corazón. Ensinounos unha marioneta que era da paz. Invitounos a participar nos xogos e mollounos coas bágoas da paz. Ensinounos unha receita para cando unha persoa insultaba a outra que era "Non insultes, sé tolerante". Despedímonos cunha canción africana e galega que nos fixo moita gracia.

Nenos e nenas de 4º de Primaria

02/05/10

Felicidades a todas as mamás do CEIP A Rúa

CEIPARUA

A mellor mamá do mundo!!

Moito me gusta estar contigo.
Ai! que guapa es.
Mil bicos che dou.
Á estrela máis bonita do ceo.

¡Sen ti non podería vivir!
¡Es a mellor mamá do mundo!

Publicado no blog "Formigas" de 2º

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates