23/06/10

"Kirikú e a serpe"

CEIPARUA
Os alumnos e alumnas de 6º deixáronnos, antes de marchar, un agasallo especial para tod@s nós, un verdadeira xoia que foi o traballo de todo un curso.
Grazas a May por tomar a iniciativa e acompañalos na creación deste vídeo de animación tan especial.
Esta é a escola que nos gusta!! :-)

Como veredes, está dedicado ó profe Luís, o seu titor durante estes dous últimos cursos,  que este verán comeza tamén unha nova andaina.
Unha aperta afectuosa ós alumnos e alumnas de 6º e, como non, tamén ó profe Luís, boa sorte a todas e todos!!

Xogo fin de curso 2010

CEIPARUA
Hoxe rematamos este curso. Pasou voando!- dicía unha nai- Parece que foi onte cando empezamos as clases!

Foi un día divertido co xogo fin de curso, as festas de aula. Cheíño de emocións coas apertas e os bicos dos que se van a comezar unha nova andaina.

Os corredores inundados de risas, algún berro de emoción, música... viseiras vermellas que ían dun lado a outro, todos e todas na busca da sinatura dun amigo, dunha profe, de Paco...

Que grande invento o da fotografía, que inmortaliza estes momentos irrepetibles e fainos permanecer no tempo e na memoria! Con estas imaxes, desexámosvos un feliz e relaxado verán e, xa sabedes, esperámosvos de novo o 10 de setembro, probablemente cun cole case novo!!
Bicos a todos e todas de... brisa mariña! Ata despois :-)!!

Xogo fin de curso 2010

Ana

18/06/10

Faladeiros 2010

CEIPARUA
Xa temos en formato dixital a edición deste ano da nosa revista Faladeiros.
Queremos agradecer a todas as persoas que contribuíron a que esta revista fose unha realidade: ao profesorado en xeral, aos alumnos/as, á ANPA, ó IES de Rodeira, o CEIP do Hío, á profe Patricia, que realizou un gran traballo de coordinación, a Violeta, nai de Antía, que se encargou da maquetación e o deseño e que puxo toda a súa profesionalidade á nosa disposición...
Froito deste traballo colectivo, este magnífico resultado final:

15/06/10

Festa fin de curso 2010!

CEIPARUA
Aínda que as predicións meteorolóxicas non eran moi esperanzadoras, tiñamos encargado un día de sol, e Lorenzo non nos fallou.

Nos xogos, pola mañá, moitíiiiiiisima participación infantil. Como non, Stabri un máis, pasando de man en man e de xogo en xogo. Foi esta a razón de que o domingo, xornada de descanso, tivese que pasar pola lavadora. Hoxe está impoluto, cun perfume embriagador!!

Agradecemos a colaboración dos pais e das nais, sen eles/elas estes xogos simultáneos non poderían levarse a cabo. Tiñades que ver como tiraban os pequerrechos da corda! Os maiores caeron rendidos ós seus pés, case literalmente!

Tivemos os/as mellores presentadores/a: unha dicción!, unha simpatía!, comentaristas
deportivos e culturais sen parangón! Estes mozos e mozas de 6º prometen!

Ó mediodía, moitas familias compartimos empanada, tortilla, pizza, torta... entre risas, anécdotas e a alegría de fondo dos de 6º que comían xuntos/as, invitados pola ANPA.

Non podemos esquecernos dos antigos alumnos/as que participaron, colaboraron e agasallaron ó colexio e á ANPA. Fixeron un bordado a punto de cruz co nome do colexio que é unha mostra do bo recordo que teñen do centro, que ben nos sentimos por isto :-)!!!

No concurso culinario, houbo de todo, tortillas, un roscón para alérxicos, unha torta de piña, croquetas, empanada, unha sobremesa portuguesa portugués con fideos e canela... aínda que esta vez os pratos premiados estiveron bastante claros.

Pola tarde, exhibición das actividades extraescolares:

Teatro, con dúas obras, a primeira titulábase “O microscópico, minúsculo, diminútico circo de pulgas”, un texto de Fabián Sevilla. A segunda obra é “Zongalo Quirico”, unha adaptación da narradora, poetisa e dramaturga galega Gloria Sánchez que trata o tradicional conto do Galo Quirico.

Patinaxe, foron moi vistosas as coreografías e quedamos impresionados/as polo traballo dos pais e nais maquilladores/as, verdadeiras obras de arte no rostro!

O CEIP de Espiñeira, Aldán, sorprendeunos cunha exihibición de kárate. Batuka e bailes das alumnas de 4º e de 5º puxeron ritmo á festa.

Os nenos e nenas de 6º, facendo honor do seu trilingüismo, cantaron "No more trouble", de Bob Marley.

A exposición fin de curso tivo moita afluencia de familias, encantáronlles as fotos que recollían algunhas das actividades escolares de todo o curso. Stabri tivo un lugar especial na exposición.

Queremos agradecer á ANPA todo o seu esforzo para que puidésemos gozar desta festa :-)

E, por último, dicirvos que a celebración foi dobre, xa que ¡¡por fin cortaron os perigosos eucaliptos que estaban preto do colexio e que nos quitaban tanto sol en inverno!!
¡Sen tempo non era!

11/06/10

Así ven os nenos e nenas a STABRI

CEIPARUA
¿Queredes ver con ollos de nenos e nenas a Stabri?
Mirade que debuxos! Espero que Stabri se vexa favorecido nos retratos, polo menos están feitos con moito agarimo!!

Así ven os nenos e nenas a STABRI

Chus
¿Queredes ver con ollos de nenos e nenas a Stabri?
Mirade que debuxos! Espero que Stabri se vexa favorecido nos retratos, polo menos están feitos con moito agarimo!!

08/06/10

Stabri hoxe no Faro de Vigo

CEIPARUA
Hoxe o Faro de Vigo faise eco da presenza de Stabri en Cangas, no noso cole. Deixámosvos aquí a noticia e algunhas fotos do seu paseo de onte pola nosa vila con Néstor (2º Primaria). Grazas a Néstor e a súa familia pola bonita reportaxe.

Se facedes click na noticia, podedes vela un pouco máis grande.

07/06/10

Andaina polo río Xabriña

CEIPARUA
Onte fixemos a xornada de convivencia para familias 2009-2010 e, aínda que esperabamos algo máis de participación, foi unha experiencia moi, moi agradable.
Partimos da Rúa cara ó río Xabriña, con algo de sono pero moitas gañas de pasalo ben. Lucía o sol. Cando chegamos a Paraños (Covelo) atopámonos con todo disposto para a Festa do chourizo e pensamos: un bo refrixerio para a volta!!

Dende un principio, o ritmo foi marcado polos máis cativos que, cun andar frenético, deixaron a máis dun pai e nai coa lingua de fóra. Ata Marco, o pequerrechiño, deunos un exemplo de resistencia, foi todo un campión que só quixo o colo de papá unha vez rendido polo sono.

Acompañounos Stabri, o moneco viaxeiro, que fixo as delicias de pequenos e grandes e que, co seu encanto persoal, fixo famosas amizades.

A senda, de verdade, paradisíaca, fai un ano que se homologou e está en perfecto estado de conservación, moi sombreada, con vexetación exuberante e cun nivel de dificultade baixo para camiñar. Atopámonos con moitos muíños, algúns restaurados. As augas cristalinas e xélidas, alivio dos pés cansos.

Comemos, durmimos a sesta, conversamos, xogamos coa auga e ata algunha que outra recibiu unha masaxe nos pés. Como nos sobrou tempo pola celeridade dos máis pequenos/as, achegámonos á festa do chourizo. Alí escoitamos a Concha de Luneda e saudamos a Leni Pérez, do programa Larpeiros da TVG. Bailamos, comemos xeados e xogamos ata non poder máis.

Queremos darlle unha aperta a todas as familias que participaron e especialmente a Olivia, tía de Antón, Manel e Teo, montañeira celta, que nos guiou e foi encantadora con todos/as nós. Para o ano xa pensamos nun posible destino, Forcarei. Animádevos a acompañarnos!

Máis imaxes inesquecibles:

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates