28/05/09

Os nosos parabéns a tod@s os culés

CEIPARUA

Campións de Europa 09
e
TRIPLETE!!!

22/05/09

Teatro de pais e nais no IES de Rodeira

CEIPARUA

O grupo de teatro formado por pais e nais da Federación de ANPAs do Morrazo
actuará hoxe, tarde do venres 22 de maio, ás 18:30, no salón de actos do IES de Rodeira, en Cangas.

Representará tres breves pezas teatrais, e prometen entretemento e diversión.

Noraboa pola iniciativa!!

20/05/09

O Faro de Vigo faise eco da exposición e do envío de sacapenas a Gaza

CEIPARUA

O luns día 18 de maio inauguramos a exposición dos sacapenas feitos no CEIP A Rúa (por alumnado e ANPA) e os elaborados pola Asociación Juan XXIII.

Os alumnos/as de ámbolos dous centros explicaron con toda clase de detalles o seu traballo e o ilusionados/as que estaban ó participar nesta iniciativa.

A noticia saíu publicada no diario o Faro de Vigo, de onte, e podedes lela no enlace.

2º centro clasificado no Cross de Aldán

CEIPARUA

O pasado sábado, 16-5-09, no VIII Cross Escolar do colexio Sagrada Familia de Aldán, fomos os 2º clasificados/as.

Non sei onde imos colocar tantos trofeos!!
Os nosos alumnos/as son uns deportistas entusiastas!!

Queremos agradecerlle á ANPA o seu labor facilitando e animando á participación.

Os nosos parabéns a tódolos participantes e a seguir correndo a fume de carozo!!

2º centro clasificado no Cross de Aldán

Ana

O pasado sábado, 16-5-09, no VIII Cross Escolar do colexio Sagrada Familia de Aldán, fomos os 2º clasificados/as.

Non sei onde imos colocar tantos trofeos!!
Os nosos alumnos/as son uns deportistas entusiastas!!

Queremos agradecerlle á ANPA o seu labor facilitando e animando á participación.

Os nosos parabéns a tódolos participantes e a seguir correndo a fume de carozo!!

18/05/09

Maxia potaxia, que todo o mundo fale galego!!

CEIPARUA

O venres, 15 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas gozando do espectáculo de maxia do Mago Teto.
Acompañáronnos os alumnos/as do CEIP de Espiñeira (Aldán)

Fomos todos e todas (o colexio quedou baleiro!!) e algunha familia tamén se sumou á festa.

Presenciamos varios trucos de maxia: con cordas, cartas, panos...
O Mago Teto demostrounos que pode predicir o futuro, adiviñando unha cifra que escolleu Víctor.
Fixo participar con moita ilusión a nenos e nenas e algúns/as profes.

Pedirémoslle que utilice a súa maxia e...

...QUE TODO O MUNDO FALE GALEGO!

14/05/09

Campionato Provincial de Xadrez

CEIPARUA

Queremos felicitar ós/ás nosos/as campións/as!!

3º clasificados, modalidade grupal

4º clasificados, modalidade grupal e 3ª clasificada modalidade individual

12/05/09

Ordenadores portátiles para os nenos de 5º de primaria

CEIPARUA
O proxecto Escola 2.0 anunciado polo goberno ten tres soportes básicos:
  • A dotación tecnolóxica das aulas,
  • Conexión inarámica a prezo reducido e,
  • Un ordenador portátil para cada neno.
Os primeiros en recibilos serán os máis de 400.000 alumnos de 5º de primaria que se esperan para o próximo curso.

Pero esta "boa nova" ofrece máis sombras que luces:

1. A que intereses serve esta iniciativa e qué empresas están detrás dela?
2. Que sucede coa formación do profesorado?
3. Quen vai cuidar do correcto funcionamento destes equipos?
4. Con que sistema operativo funcionarán?
5. Que responsabilidade terán os nenos sobre os seus equipos, en caso de roubo, problemas de seguridade en internet...?
6. Quen forma ás familias do alumnado para un uso responsable destes equipos?
....
Estas e máis cuestións están tratadas no artigo de Eduardo Larequi, no blog La bitácora del Tigre.
As operadoras de internet tampouco o ven claro, neste artigo de El País.

En relación coa pregunta número 4, relativa ao sistema ou sistemas operativos que levará instalado por defecto o ordenador, estase xestando tamén unha gran polémica, porque esa non é unha decisión politicamente neutral e pode supoñer un gran despilfarro de recursos económicos. Porque pagar por un produto (licenzas de Microsoft) que dispón de alternativas que son libres, legais e gratuitas?

Ver noticia ampliada no diario Público

A Asociación Hispalinux considéraa a maior estafa dos últimos 30 anos.

Richard Stallman, a cabeza máis representativa do movemento do software libre e de GNU/Linux acusa directamente ao goberno de vender o futuro do país á Microsoft, empresa que domina o monopolio do software privativo (de pago). Stallman pregúntase: Por qué quere regalar Microsoft copias case gratuitas (do seu programa) a escolas e nenos? É como regalar drogas aditivas, xa que a primeira dose é gratis pero, despois de ser dependente, tes que pagar".
Ver noticia ampliada neste enlace do diario El País (son tamén moi interesantes os comentarios).
A mesma noticia neste enlace de Yahoo noticias.

Podemos ampliar máis información sobre o uso de software libre na entrada do blog CEIP A Rúa : Software libre nas escolas de primaria ou Windows?

Tamén merecen especial consideración os problemas de seguridade que presenta para os nosos nenos e nenas utilizar software privativo non legal, e por extensión aquel software privativo legal pero que non se actualiza diariamente con antivirus e programas de detección e eliminación de malware. Ver na entrada do blog CEIP A Rúa Internet segura para nenos (II).

Facemos un chamamento ao profesorado e aos seus sindicatos, ás asociacións de pais e nais e aos demais axentes da comunidade educativa para que tomen postura neste asunto, que consideramos de vital importancia. A elección entre software libre ou software privativo nas escolas debe facerse de xeito argumentado e CONSCIENTE, como toda decisión que competa ao ámbito da educación dos nosos fillos. É demasiado arriscado deixala nas mans da fortuna.

O profesorado do ensino primario e secundario en Galicia está elaborando un documento consensuado contando coa colaboración dos grupos galegos de Software Libre, no que pode participar calquera persoa interesada na implantación efectiva e eficiente das TIC no ensino galego.

Xosé

09/05/09

Internet segura para nenos (II)

CEIPARUA
Hoxe estivo connosco no colexio unha persoa responsable da sección de delitos tecnolóxicos da Garda Civil de Pontevedra para conversar co alumnado de 5º e 6º cursos sobre os perigos dun uso inapropiado de internet.

Informounos moi especialmente dos seguintes asuntos:

1. O perigo que supoñen os virus no noso ordenador: pódennos bombardear con publicidade indesexable, roubar contrasinais, roubarnos os cartos do banco, roubar información persoal do ordenador, ralentizar ou estropear o funcionamento do ordenador, terceiras persoas poden cometer delitos utilizando o noso ordenador e que despois se nos poden imputar a nós co risco de poder ir ao cárcere, etc.

2. Os perigos dos chats tipo "Messenger". Agregamos a persoas descoñecidas sen valorar o perigo que iso supón, pois esas persoas poden ter malas intencións e facernos dano. Poden obter de nós facilmente información íntima: datos persoais, direccións, números de teléfono, gustos, etc. para logo utilizalos na nosa contra.

Ofreceunos as seguintes recomendacións a seguir:

1. Para os virus: nunca utilizar software que non sexa legal, pois non se actualiza (por exemplo o sistema operativo windows ou microsoft office) e son unha fonte moi propicia para os virus informáticos. E aínda no caso de utilizar Windows legal é preciso dispoñer dun antivirus actualizado diariamente, así como un programa específico que detecte e elimine "malware". O máis recomendable é:

a) Borrar Microsoft Office (Word, Excel, Powerpoint...) do noso ordenador, se o temos como copia ilegal (lembrar que o prezo legal anda nun mínimo de 200 euros), e instalar no seu lugar Open Office, (pincha no enlace para descargar) unha suite ofimática con procesador de texto, folla de cálculo, presentacións, etc. que é practicamente idéntico no seu funcionamento a Microsoft Office pero que o diferenza a súa condicón de ser software libre, e polo tanto legal e gratuito, e que se actualiza a miúdo.

b) Eliminar do ordenador o navegador de internet se o tedes ilegal (O máis extendido é Internet Explorer) e utilizar no seu lugar un navegador de software libre, legal e gratuíto, como por exemplo Mozilla Firefox.

c) Borrar o sistema operativo Windows, tamén no caso de telo ilegal, e instalar por exemplo unha distribución de GNU/Linux, sistema alternativo de software libre, e polo tanto legal e gratuíto, mantido pola comunidade do software libre e con actualizacións constantes. Unha das distribucións máis populares é a Ubuntu 9.04, que podedes descargar desde aquí.

Hoxe en día a utilización do sistema operativo e as aplicacións en software libre son ao menos tan sinxelas coma co sistema operativo Windows, e con entornos gráficos máis personalizables e tuneados máis vistosos (ideal para os nenos e rapaces).

Lembrar, non obstante, que o feito de ter software libre funcionando no equipo protexe contra os virus, pero non contra outro tipo de prácticas que son responsabilidade plena do usuario, como por exemplo ofrecer información persoal nas redes sociais, cousa que non se debe facer nunca.

Os pais e nais teñen un traballo inexcusable na educación e formación dos seus fillos no uso responsable de internet. Porque aquí só hai dous camiños posibles, que o usuario controle a máquina e o software a través do coñecemento, ou que sexa a máquina e o software o que controle ao usuario e o convirta na súa vítima. A sociedade das tecnoloxías da información e da comunicación está chamando ás nosas portas e os seus golpes son cada vez máis intensos, non nos queda outra que agarrar o touro polos cornos, e non podemos permitir que os nosos fillos saiban máis ca nós. Como mínimo teremos que aprender ao lado deles e guialos non só no camiño da técnica, senón e sobre todo no camiño da ética.

A Administración Educativa está incitando abertamente ao fraude e á piratería do software. Instala nos seus equipos software privativo da marca Microsoft, que abusa do seu monopolio no mercado e que ten un custo económico determinado para a Administración e tamén para os usuarios. Ao ser utilizado nas escolas condiciona que o alumnado e as súas familias utilicen nas súas casas o mesmo software, entre outras cousas por problemas de formatos. E as familias deben gastarse os cartos en mercar o software ou optar pola vía da ilegalidade e obtelo gratis no mercado negro. Xeralmente elixen esta segunda opción. E todo iso cando existen no mercado alternativas de software libre e gratuíto (como por exemplo GNU/Linux ou Open Office) plenamente válidas. Dominan os intereses dos monopolios de certas empresas sobre o ben común da sociedade.

Dese xeito os nosos nenos e nenas acaban converténdose en traballadores involuntarios de Microsoft, servindo á esta gran empresa, pois non é preciso recordar que gran parte do seu éxito radica no labor de formación que uns usuarios se dan a outros para aprender a manexar o software. De aí saca Microsoft gran parte da súa fortuna. E esta nube de traballadores tan sequera recibe un euro a cambio! Pola contra, aprenden a través do currículo oculto a desexar as marcas comerciais polo seu valor mediático, a aceptar o individualismo e a competición persoal como un ben social e, como mal menor, a converterse en piratas tecnolóxicos, en ilegais, é dicir, a estar fóra da lei.

Pola ética no ensino e para imaxinar unha sociedade solidaria, é preferible que os nosos nenos e nenas se sumen á comunidade do software libre, usando e distribuíndo o software, sen pedir un euro a cambio, e de xeito legal, libre e gratuíto. Aprenderán valores de colaboración, de compartir o coñecemento, de solidariedade, aprenderán máis a nivel técnico (podemos acceder ao código fonte dos programas) e estarán máis protexidos dos perigos da rede.

08/05/09

O Verbum

CEIPARUA
O martes trinta e un de marzo fomos de excursión 3º e 4º a un museo de Vigo que se chama “O Verbum”.

Saímos de clase nada máis chegar, chegou o autobús e montamos nel.
Ao chegar esperamos que viñera unha señora para que nos explicara as cousas do Scriptorium.

Abríronse as portas da exposición e viu un monxe que nos dixo que estabamos no ano 1.200 e ensinounos o seu escritorio, que comparado cos nosos era moi cutre e tiña unha pluma para escribir.
De Fotos Verbum 2009

O traballo deles era copiar os libros para que se se rompían ou perdían poder conservar algún.

Escribían medio vertical e cunha letra antiga e rara; e as maiúsculas de cada capítulo facíanas en cores e moi grandes.

Despois fomos a unha sala onde fixemos unha actividade: Déronnos un papel e nós por riba pintabamos unhas letras claras cun pau.

Logo viu unha monitora e levounos a unha sala de palabras onde: vimos o abecedario Braille, puxéronnos uns cascos cuns tubos para comprobar de onde viña o son, fomos ver unha tele onde os compañeiros representaban profesións sen falar e nos tiñamos que adiviñalo, vimos e limos uns trabalinguas e o último que fixemos foi ver uns signos de escritura chinos, xaponeses, exipcios…

Despois fomos ao parque merendar, xogar e voltamos ao cole.

2º ciclo de primaria

O Verbum

teresa

06/05/09

Internet segura para nenos

CEIPARUA
Hoxe estivo connosco un membro do equipo de delitos informáticos da Garda Civil para advertirnos dos perigos do uso de internet de xeito incontrolado por parte dos nenos e nenas no seu propio fogar.

Na rede escóndense perigos como os da pornografía infantil, pedofilia ou anorexia. O principal perigo dase na utilización dos chats tipo "messenger" ou nas redes sociais (Facebook, Tuenti, MySpace...), onde os menores establecen contactos con persoas descoñecidas, ofrecéndolles toda a información sobre a súa identidade dun xeito inconsciente: nome, idade, dirección, número de teléfono móbil ou mesmo o número da tarxeta de crédito dos seus pais. Logo, estes desalmados utilizan esta información para chantaxear ao menor, conseguir fotos comprometidas ou mesmo establecer un contacto real onde mesmo poden cometer abusos de todo tipo.

Existen medidas que deben adoptar os pais de xeito preventivo, entre as que destacan:

1. Ter o ordenador sempre no salón da casa, nunca na habitación do menor.
2. Utilizar programas de control parental
3. Dado que a represión a medio ou longo prazo nunca foi boa compañeira, o máis eficaz é educar ao menor no sentido da responsabilidade e da confianza cos seus pais.

Na revista Educar al niño tamén atopamos este artigo con 10 consellos para protexer aos menores en internet.

A primeira medida debe ser responsabilizar ao menor do uso que fai de internet, por exemplo, animándoo a firmar o seguinte código cyberético:

Recollemos o texto que segue relativo ás medidas de seguridade a adoptar nos chats da páxina de cyberfamilias

Chatear é simplemente ter unha charla ou conversa a través de Internet, pero dependendo do tipo de chat no que esteas, pode chegar a ser moito máis... perigoso.

1. Non deas nunca información persoal sobre ti, a túa escola ou a túa casa. Non envíes fotografías sen o permiso dos teus pais.

2. Non quedes en "citas a cegas" con descoñecidos sen a presenza e/ou e o coñecemento dos teus pais.

3. Lembra que a xente que navega por Internet non sempre é o que parece, porque non podes vela nin oíla. Por exemplo: cando alguén che está dicindo por Internet que é unha nena de 12 anos, pode ser un señor de 45.

4.Intenta non utilizar o teu propio nome como nick nos chats.

5.Coñece aos teus amigos de Internet da mesma forma que coñeces aos teus outros amigos. Non lles permitas cousas que non lles permitirías aos que tes agora.

6. Se te atopas nunha situación que te fai sentir mal debes dirixirte unha vez máis á Organización de Protección da Infancia PROTEGELES: contacto@protegeles.com e contarlles o problema.

O conferenciante tamén nos alertou sobre os perigos dos virus informáticos ou de ter desprotexidas as redes wifi, pois calquera delincuente podería utilizalas para cometer un delito utilizando a nosa identidade. Os virus, tipo troianos, son utilizados para roubarnos claves e con elas mesmo os aforros do banco.

A prevención máis eficaz contra os virus é utilizar directamente software libre (GNU/Linux, con distribucións coma Ubuntu, OpenSuse, etc) en vez de Windows. Basta con descargar gratuitamente da rede este software e instalalo no noso ordenador para quedar protexidos dos virus. Sen embargo debemos manter todas as precaucións anteriores en relación aos perigos dos chats.

Utilizar internet é a día de hoxe un recurso irrenunciable. Pero, do mesmo xeito que nos expoñemos todos os días a un accidente de circulación utilizando o noso automóbil, tamén na rede de internet nos expoñemos a diversos tipos de "accidentes". Non obstante, é a nosa obriga como usuarios formarnos e coñecer as normas de circulación e poder previr dese xeito os accidentes.

Máis información en :

http://www.ciberfamilias.com
http://www.protegeles.com
http://www.internetsegura.net

04/05/09

Software libre nas escolas de primaria ou Windows?

CEIPARUA
Invitamos a participar aos pais e nais e ao profesorado nun debate de gran relevancia, dada a trascendencia que está a acadar o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) nas escolas, a propósito dunha noticia que informa sobre a intención do goberno de Zapatero de regalar un portátil a cada alumno de primaria nos vindeiros anos, pero con software privativo instalado, da multinacional Microsoft, sen tan sequera terse sacado a concurso público. Tamén se informa nesta entrada do diario El País.

O debate está servido, con dúas opcións extremas:

1. Aceptar o software de Microsoft (Windows e Office), unha marca que ten o monopolio no sector, e que ten intereses empresariais concretos para incluso regalar o software se fose preciso (crear potenciais usuarios para o futuro, dependentes dos seus produtos)

2. Defender o uso exclusivo de software libre nas aulas (GNU/Linux, Firefox, OpenOffice...). Que o software sexa libre implica entre outras cousas que tamén é legal distribuír copias sen pagar licenzas e acceder ao código fonte dos programas. Para saber algo máis ver neste enlace de introdución ao software libre.

O software libre é unha especie de medicamento xenérico fronte ao de marca, se facemos unha analoxía coa industria farmacéutica. Para que imos pagar máis os usuarios por un produto que nos ofrece basicamente as mesmas prestacións?

No debate entran aspectos de puro utilitarismo técnico, económicos... pero tamén, e tal vez isto sexa o máis importante ao falar de educación, aspectos éticos e filosóficos... pois no fondo nas escolas estamos deseñando a sociedade do futuro.

Algunhas das razóns a favor do uso do software libre nas escolas:

  • por seguridade: ausencia de necesidade de antivirus, internet e conexións máis eficientes e seguras
  • por gratuidade e legalidade: miles de aplicacións gratuitas sen necesidade de piratear nada
  • por rendemento e ergonomía: capacidades multimedia maiores, estabilidade da execución dos programas e uptime do sistema
  • por localización: sistema e aplicacións traducidas nas linguas oficiais do país (case definitivo se é unha cuestión autonómica)
Ver máis razóns aquí:

Razóns para o uso do software libre na escola

Vídeo de Stallman sobre o mesmo tema

Hispalinux censura o custo económico e a dependencia tecnolóxica da "solución" Microsoft para a educación, publicado en GALPon.

Zapatero se equivoca, artigo de Jordi Adell

Software libre en educación infantil y primaria, de Jordi Adell (descargar en .zip)

Razóns a favor do software privativo (Microsoft Windows e Office):

  • Uso moi espallado do Windows: coñecémolo de sobra

  • A posible predilección dos nenos: para xogar usan básicamente Windows (aínda que o mini-portátil non iría cos xogos come-recursos)
Salvemos Microsoft, por Santiago Lamelo, na web da Federación Provincial de APAs da provincia de A Coruña.

Tamén podes seguir o debate aberto na rede social Internet en el Aula.

Máis debate en Zapatero se equivoca

Tamén en Twiter

Un moi bo artigo, publicado por Eduardo Larequi, no blog La Bitácora del Tigre, que fai unha exposición moi detallada de pros e contras desta iniciativa.

Charla no CEIP A Rúa sobre "Internet segura"

CEIPARUA

Internet neste momento estáse a converter nunha ventá aberta ó mundo, con moitas posibilidades: información a disposición de todos/as, redes sociais onde compartir ideas, iniciativas...

Pero tamén pode constituír un risco importante para os nenos e nenas se os pais/nais, educadores-as, non nos informamos e controlamos que uso fan da rede.

Este é o tema da interesante charla de mañá martes, 5 de maio, ás 17:30, na Biblioteca do centro:

Como conseguir que os nosos fillos e fillas naveguen por internet de forma segura”

Contaremos coa presenza dun compoñente do equipo de delitos telemáticos da Comandancia da Garda Civil.

Grazas pola vosa participación!

A través da páxina http://www.internetsegura.net podedes atopar máis información.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates