25/11/18

“II ROMARÍA – MAGOSTO NA RÚA”

CEIPARUA
   O día 13 de novembro, toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa estaba convidada para celebrar a II Romaría Magosto na Rúa”.

PINCHA AQUÍ PARA VER OS MELLORES MOMENTOS DESTA FESTA
MAGOSTO MAGOSTO

Foi una gran festa con xogos, obradoiros, música, bailes tradicionais … e por suposto a degustación de doces de outono e CASTAÑAS! Para rematar a romaría emborrallándonos todos xuntos.
Xa pola mañá había moito movemento no patio do noso cole: familias cos nenos, nenas e mestres decorando o patio, outros preparando e colocando as lambetadas, Paco preparando a fogueira para asar as castañas... todos preparando o lugar para a festa.
Algúns profes e rapaces tamén estaban moi ocupados vestíndose con roupa axeitada para ir de Romaría.
Estaba todo preparado e... para dar comezo, os nenos e nenas de 3º e 4º cantaron e bailaron o “Rap do magosto” de Paco Nogueiras. Despois seguiron as pandereteiras do noso cole que nos alegraron coas súas cancións.

Ao rematar as pandereteiras  deron paso aos obradoiros con actividades de manualidades de castañas, decoración de buxainas, obras de arte no chan...

Houbo xogos divertidísimos como: a mariola, bolas, chapas, cadeiras... 

 e a degustación de doces de outono e castañas...

 e polo medio música galega e familias, nenos, nenas e mestres a desfrutar xuntos.

Non faltou unha avoa que bailaba de luxo dándonos unha lección a todos.

Pasámolo moi ben. Viva o magosto da Rúa!

23/09/18

UN PATIO CHEO DE XOGOS E CORES..

CEIPARUA
O longo do verán o noso patio encheuse de cores e xogos.

A Ampa xunto coa colaboración da comunidade educativa, pinatron o patio con novos xogos, letras, pisadas de xigantes, serpes..

Todo isto fai que os nosos tempos de lecer sexan moi divertidos, deixando a que a  nosa imaxinación cree xogos coas formas, cores, letras que agora enchen o noso patio de aventuras.

Nós só podemos dicir.. GRACIÑAS!

BENVIDOS A UNHA NOVA AVENTURA NA RÚA

CEIPARUA

 Roni preparounos a entrada do cole para desexarnos un bo comezo neste curso 2018-19 que promete estar cheo de novidades e ilusións.. 

Aventureiros e aventureiras da Rúa.. benvidos a esta nova andaina de aprendizaxes!

28/05/18

PROGRAMA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CEIPARUA

NOTA INFORMATIVA: PROGRAMA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO 2018-2019

De acordo coas instrucións recibidas da Dirección Xeral de Recursos Humanos, a gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2018-2019 levarase a cabo mediante o seguinte procedemento:

1.      AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:
·         Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio).
·         Cursos aos que afecta: 1º, 2º de Primaria.
·         Requisitos:
ü  Estar matriculado en 1º ou 2º de Educación Primaria para o curso escolar 2018-2019.
ü  Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ü  Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
·         Prazo: Do 22 de maio ao 22 de xuño

2.      FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:
No noso colexio non haberá fondo de libros xa que en 3º e 4º de Primaria non se utilizarán libros de texto e no caso de 5º e 6º están incluidos no Proxecto de Educación dixital ( E-DIXGAL). Non obstante, terán dereito á axuda para adquirir material escolar.

3.      AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
·         Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio).
·         Cursos aos que afecta: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
·         Requisitos:
ü  Estar matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2018-2019.
ü  Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ü  Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €
·         Prazo: Do 22 de maio ao 22 de xuño

 As solicitudes poderán presentars por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben pedir os impresos na Conserxería do centro.

Máis información no DOG do 21 de maio de 2018 en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/

Moitas grazas
O equipo directivo

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates