21/12/09

Recollemos lixo no patio

CEIPARUA

Recollemos lixo no patio


O outro día os nenos e nenas de 2º fomos recoller lixo ó patio.
Queriamos facer unha reflexión sobre o lixo que tiramos.
Levamos luvas nas mans para non ensuciarnos.
Se había un cristal ou algo perigoso, non se podía coller e avisabamos á profe.








Recollemos o lixo por zonas: primeiro o xardín, despois a pista de baloncesto, logo parque infantil...
Atopamos moitas cousas, por exemplo, plásticos, cartóns, papeis, latas...







Na clase, por parellas, fixemos grupos de lixo para clasificalo. Aprendemos matemáticas!!
A bolsa de lixo que recollemos pesaba 900 gr., era case un kilo.




Queremos facer unha reflexión


Os nenos e nenas de A Rúa tiramos lixo ó patio. Iso está moi mal e temos que acostumarnos a tiralo nas papeleiras. Outras persoas tamén o fan e terían que reflexionar.
Moitos días atopamos nas papeleiras merendas enteiras e saudables.
Non fagades iso porque os pais e nais traballan moi duro para conseguir eses alimentos.

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates