A Coordinadora Galega de ENDL puxo un ano máis á disposición da
comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste
monográfico especial podedes atopar:
1.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes,
institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en
liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.
2.- Postais elaboradas polo alumnadoEste espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais vai estar aberto ata o 21 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
Enderezo: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/index.php
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.