08/06/19

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

CEIPARUA






Este ano  celebramos a Semana das Letras Galegas con distintas actividades programadas para participar todo o cole.
A nosa semana comezou o venres coa celebración do “Día G” con noso xa tradicional recreo conxunto no  que nos diriximos uns aos outros en galego, cantamos a canción “Comando G”, creada por nos, e disfrutamos dos xogos  tradicionais  a cargo dun grupo de xubilados do Morrazo.




 


















Durante toda a semana estiveron ao disfrute de todos/as dous recunchos preparados por Roni, a nosa mascota.Un recuncho de lectura en galego e creción de marcapáxinas e outro, situado na entrada do cole, cun photocall.




















O longo de toda a semana salimos todos/as ao patio a escoitar  pequenas intrepretacións dos textos das obras de Antón Fráguas. Previamente nas aulas os alumnos investigaron sobre a súa biografía utilizando os fondos bibliográficos que atoparon na nosa Bilbioteca.





O mércores os nenos e nenas de 1º e 2º cantaron a canción do Bolo. Fixeron a receita da bica e ao rematar de cantar convidaron a todos/as os nenos/as do cole a degustala



CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates