BIM BUM
Ola a todos/as!!!
Esta semana, dende a aula
de Música, propóñovos un reto para toda a familia.
Este ritmo corporal ten catro partes diferenciadas pola velocidade coa que hai que interpretala (de menos a máis velocidade).Utiliza e combina os estalos (chasquidos), as palmas e os xeonllos.
A miña proposta é:
-
Os
nenos/as de 1ºe 2º de Primaria intentarán realizar a 1ª velocidade e facendo só
o ritmo que interpreta o paxariño vermello.
-
Os
nenos de 3ºe 4º de Primaria intentarán realizar a 1ª e a 2ª velocidade,
intentando interpretar primeiro só o que fai o paxariño vermello e máis tarde o
que realizan os dous paxaros.
-
Os
nenos/as de 5ºe 6º de Primaria intentarán realizar a 1ª,2ª e 3ª velocidade.
Igualmente intentando dominar o que fai o paxaro vermello e despois o que
percuten os dous paxaros.
-
As
familias intentarán realizar os catro tempos coas catro velocidades.
Premede no enlace e ANIMÁDEVOS!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.