01/04/09

Benvida ao blog de Auladiver PT

CEIPARUA



Felicitamos a Rosana pola inauguración do seu blog Auladiver PT, onde nos relata unha moi fermosa historia que ben paga a pena ler.





Comezamos a camiñar...



Un augador posuía dúas vasillas de barro que colgaba nos extremos dun pau e que levaba sobre os ombreiros. Unha delas tiña varias gretas polas que se escapaba a auga, de xeito que ao final do camiño só lle quedaba a metade. A outra era perfecta, mantiña intacto o seu contido e estaba moi orgullosa dos seus logros pois se sabía idónea para os fins para os que foi creada. A pobre vasilla fendida estaba avergoñada da súa propia imperfección e de non poder cumprir correctamente o seu labor. Así que ao cabo de dous anos díxolle ao aguador:

-"Estou avergoñada e quérome desculpar contigo porque debido ás miñas gretas só obtés a metade do valor que deberías recibir polo teu traballo".

O augador contestoulle: "Cando regresemos a casa quero que notes as belísimas flores que crecen ao longo do camiño". Así o fixo a vasilla e, en efecto, viu moitísimas flores fermosas ao longo do sendeiro; pero seguiu sentíndose apesarada porque ao final só gardaba dentro de si a metade da auga do principio.


O augador díxolle entón: "Décheste conta de que as flores só crecen no teu lado do camiño? Quixen sacar o lado positivo das túas gretas e sementei sementes de flores. Todos os días regáchelas e durante dous anos eu puiden recollelas. Se non foses exactamente como es, non sería posible crear esa beleza. Todos somos vasillas agretadas por algunha parte, pero sempre existe a posibilidade de aproveitar as gretas para obter bos resultados."



Conto da tradición oral hindú



CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

2 comentarios:

  1. Rosana, encantoume o conto hindú, canta boa filosofía da vida hai nel!! Se a seguísemos ó pé da letra, seriamos máis felices.
    Un biquiño e parabéns polo teu blog, promete!!!

    ResponderEliminar
  2. Que intelixente o augador que aproveitou a vantaxe que supuña ter unha vasilla con gretas que lle permitía regar as sementes! Canto temos que aprender.
    Moi bonito o deseño do blog, gústame.

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates