05/10/09

A Senda da auga, para pasear en familia

Ana


Se vos apetece pasear en familia ou dar unha volta en bicicleta, recomendámosvos A Senda da Auga.

É un roteiro de gran valor ecolóxico e natural. O seu percorrido amósanos infinidade de paisaxes: desde as terras de cultivo e núcleos poboados, ata zonas de bosque con distinta composición (piñeirais, carballeiras, eucaliptais e bosque ripícola asociado ós regatos)

Moi doado de percorrer, pois carece de pendentes, pode ser empregado por persoas non habituadas a camiñar longas distancias ou con mobilidade reducida.

A Senda da auga de Redondela correspóndese cun camiño accesorio á canle que transportaba auga desde o Encoro de Eiras (Concello de Fornelos de montes) para abastecer a cidade de Vigo.

A condución de auga atravesa os concellos de Fornelos de Montes, Soutomaior, Pazos de Borbén e Redondela antes de chegar a Vigo. En Redondela percorre un total de 23 km por distintas parroquias.


Resulta un miradoiro excepcional da ría de Vigo, desde o cal pódese observar baixo unha perspectiva privilexiada a Enseada de San Simón (Rede Natura, 2001), a Península do Morrazo, as Illas Cíes, os Concellos de Pazo de Borbén e Soutomaior...


Animádevos! Paga a pena!!





Máis información sobre a Senda da Auga:
Inauguración da Senda da Auga
Ficha técnica da Rota da Auga


Un mestre e veciño de Saxamonde envíanos, moi amablemente, unha rigorosa proposta de saídas didácticas pola Senda da auga.
Dita proposta está centrada en catro rotas que rematan no espazo natural de Chans das Pipas, que pode desaparecer nun futuro próximo polo proxecto de construción dun Polígono industrial nesta zona.
Dirixida a Secundaria, comenta que pode ser adaptada parcialmente a Primaria.

...

"Consideramos que toda decisión sobre proxectos das dimensións e consecuencias do Polígono Industrial Mos-Redondela ten que estar acompañada do coñecemento do lugar que se pretende ocupar. Esta é unha ferramenta que nos permite elaborar criterios, coñecermos e valorarmos o entorno de Saxamonde, primeiro paso para construírmos un futuro de benestar.”

(Prólogo da publicación "Por Saxamonde. Posibilidades dunha saída didáctica")


...

Este é o enderezo para coñecer a proposta didáctica:
http://issuu.com/saxamonde/docs/por_saxamonde._posibilidades_dunha_sa_da_did_ctica


Tamén nos envía información sobre as actividades que está a levar a cabo o Colectivo veciñal anti-polígono Mos-Redondela.
Este é o seu blog:
http://nonopoligono.blogspot.com/

Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

3 comentarios:

  1. Ola! Son mestre de A-L e veciño da zona de Redondela de Saxamonde. Infórmovos que dende unha Asociación temos feito un traballo para desenvolver saídas didácticas nun tramo da Senda da Auga (o que pasa polo nosa Parroquia). O traballo vai mais dirixido a Secundaria, pero hai algunha actividade que se podería aplicar a Primaria. Deixovos a ligazón por si é do voso interese:http://issuu.com/saxamonde/docs/por_saxamonde._posibilidades_dunha_sa_da_did_ctica.
    Tamén dicirvos que este traballo ven coma maneira de potenciar a zona do Chan das Pipas, unha paraxe natural, onde hai prantexada a creación de unha zona industrial. Se queredes máis información podedes atopala no blogue: http://nonopoligono.blogspot.com/. Graciñas e parabéns pola vosa páxina.

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola túa información. Seguro que poderemos adaptar algunha actividade a Primaria.
    Agora que o dis, lémbrome dalgún cartel que amosaba a oposición ó polígono.
    Un saúdo e esperemos que se poida manter esa paraxe natural e que o polígono se traslade a unha zona de menor impacto ambiental.

    ResponderEliminar
  3. Os nosos parabéns pola vosa rigorosa proposta didáctica. Un saúdo.

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates