07/04/10

Cine na Rúa, "Charlot"

Ana
Sabedes onde naceu o cine??
Pista: Observa detidamente a fotografía.

Construción da torre Eiffel en 1878, para a Exposición Universal.

Exacto! En París, a cidade da luz!!





Unha placa no Boulevard des Capuchines di: "Aquí, o 28 de decembro de 1895, tiveron lugar as primeiras proxeccións públicas de fotografía animada, por medio do cinematógrafo, aparato inventado polos irmáns Lumière"







O cinematógrafo




Charles Chaplin, Charlot, é un dos actores máis coñecidos do cine mudo. O personaxe que lle deu fama en todo o mundo foi o do vagabundo: un home educado, vestido coa súa estreita chaqueta, con zapatos e pantalóns máis grandes da súa talla, un sombreiro bombín e o seu especial bigote.




Hoxe, Cine A Rúa, tráevos un anaquiño da fantástica película "O circo", que Charlot dirixiu e protagonizou en 1928.

Esperamos que gocedes con ela tanto coma nós!!


Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates