06/05/10

Interculturalidade no CEIP A Rúa

Ana

Hoxe o día 6 de maio, fomos a clase de 4º escoitar a unha moza que se chama María é que era unha representante dunha asociación humanitaria que traballa en América central nestes momentos, axudando ás persoas pobres.
Explicounos cousas de América Central e despois contounos un conto de como a India se converteu nun sol.

Nenos e nenas de 3º de Primaria




Hoxe, xoves, 6 de maio, veu á Rúa un "atrapa contos" chamado Anxo e o seu axudante Mohamed Kechua, un cociñeiro de contos. Ensinounos a cociñar contos. Contounos moitas historias sobre África e os emigrantes. Contaba os contos con monicreques que fixeron as mulleres que traballaban para que os seus fillos foran á escola. Tamén os contaba coas areas do deserto e as bágoas da paz.

A continuación chegou Mohamed montado no seu patinete, un patinete da paz. O primeiro que fixo foi ensinarnos a cociñar contos. Contounos un conto con forma de corazón. Ensinounos unha marioneta que era da paz. Invitounos a participar nos xogos e mollounos coas bágoas da paz. Ensinounos unha receita para cando unha persoa insultaba a outra que era "Non insultes, sé tolerante". Despedímonos cunha canción africana e galega que nos fixo moita gracia.

Nenos e nenas de 4º de Primaria

Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates