04/06/10

Está no cole Stabri, o moneco que viaxa polo mundo

CEIPARUA




Dende hoxe temos connosco no cole un novo alumno, chámase Stabri de Monogo, algúns nenos din que é ucraniano pero un paxariño contounos que é made in Coruña.

Stabri é un moneco ó que lle encanta viaxar, xa percorreu moitos países (Arxentina, Inglaterra, Francia, Israel) e diferentes comunidades autónomas aquí en España. É a primeira vez que está nun colexio e que comparte con nenos e nenas as súas aventuras.

Stabri é moi moderno, ten carné, páxina web, correo electrónico e conta en facebook e twenti. Fai comentarios sobre como lle vai, como este:



Sigo viajando con mi nuevo portador: Colexio A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra) está siendo un aventura estupenda. Cuando ya todo el mundo piensa en las vacaciones a mi me matriculan en un coleee!!!


O mércores os de 6º recollérono en Coruña. Levárono ó Domus, á Torre de Hércules, viaxou 2 horas en autobús e, de noite, durmiu en casa de Patri, que moi amablemente o acolleu: aseouno, sentouno á mesa, meteuno na cama...




Entrega de Stabri na Coruña no Domus.






















Na Torre de Hércules, que vértixe!!











Pola mañá estudou duramente e, cando os de 6º o levaron a Infantil, foi todo un acontecemento!! Foi a clase de inglés, á hora de ler, estivo no patio de recreo onde montou en triciclo, lanzouse polo tobogán, uliu as flores...





Creo que nunca foi tan tenramente abrazado!!













Ram, ram... que relax!!


















Stabri, con tanto bico vante gastar!!










Os de 1º debuxárono e dixeron que mañá o levarían ó patio a xogar ó fútbol (preguntaron se andaba) Teremos que botarlle unha man!!


Hoxe foi durmir con Luana, unha nena de 2º, prometeu coidalo e traernos algunha foto de como o pasou na súa casa.

Con Luana e o seu canciño Vipo.


Máis fotos:



CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates