14/09/10

Confírmase que mañá mércores comezan as clases no CEIP A Rúa

Ana
Reunido o Consello Escolar hoxe martes, ás 9 da mañá, e avaliado o estado das instalacións, confírmase que comezamos mañá mércores as clases. Agradecemos especialmente ó profesorado o seu esforzo por ter que colocar o material didáctico nun só día, sabemos que non é o idóneo e que se fai para non atrasar as clases e causar máis trastornos ás familias.
Onte recibimos por fin a visita do Xefe Territorial e da Inspectora, aquí vos deixamos o enlace á noticia que sae publicada hoxe no xornal.





O Xefe territorial de Educación, César Pérez, con membros do equipo directivo visitando as instalacións do centro

Foto:Carmen Giménez

Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

1 comentarios:

  1. hola a todos, vaia coas obras do cole. En fin, paciencia. Gustaríame moito pasarme un día para ver como han quedado os novos espazos, e bueno, de paso saudarvos a todos. Recibin unha mensaxe de Chus e decidinme a mandarvos unha contestación por aqui. ¿como vai todo? eu este ano sigo en Salvaterra e moi contenta con o cra, a xente é estupenda e este ano xa teño moitas cousas da miña man. Unha aperta

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates