20/03/14

PRESENTACIÓN DO PROXECTO E COMEZO DA RODAXE DO DOCUMENTAL SOBRE MASSÓ POLOS NENOS/AS DE 6º

CEIPARUA

Expoñemos ó alcalde o proxecto "Cine en curso"






O venres 14 de marzo fomos ó concello para explicarlle ó alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, o noso proxecto de rodar un documental sobre a fábrica de Massó. Tamén para pedirlle uns permisos. Isto é o que lle dixemos:

Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a participar.

A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un oficio.


Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando ilusións”, que foi seleccionado xunto con outros tres de toda Galicia.


Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e forma parte da Historia de Cangas.


O primeiro paso que demos foi a documentación. Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica.


Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos que estiveran vinculados a Massó. Tanto profesoras como alumnos/as estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na filmación e na montaxe do documental.


Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa autorización para gravar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa colaboración.



Moitas grazas polo seu tempo e atención.

Ver noticia no xornal Faro de Vigo






Luces, cámara, Massó!!


Este martes día 18 de marzo comezamos a rodaxe. Dividímonos por grupos para filmar mañá e tarde durante 3 días.
 
O primeiro día gravamos polo exterior da fábrica e tamén na baleeira. O segundo día entramos na nave principal e a experiencia foi impactante porque é inmensamente grande!!!! Aínda que hai moito "lixo" que debería ser retirado, atopamos reliquias da fábrica, dignas dun museo: osos de baleas, caixas rexistradoras, latas de conserva, maquinaria, reloxos, ánforas onde se gardaba o aceite,básculas, unha grande áncora...

 
Tamén gozamos aprendendo a manexar o equipo de rodaxe, pasando todos os nenos polos distintos postos: director/a, cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a. Tivemos a oportunidade de decidir os planos libremente, en función dos nosos intereses, sendo aconsellados polo cineasta. 

 
Gravamos a persoas vinculadas con Massó falándonos da fábrica. Hoxe imos ter o privilexio de conversar coa asistenta social, Ana María Soto Landeira, de 92 anos para contarnos a súa experiencia. 

 
Somos moi afortunados/as de poder participar neste proxecto de cine que é unha experiencia inesquecible. 





Ler noticia no xornal Faro de Vigo

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates