26/02/19

MATRICULA CURSO 19-20

CEIPARUA






INÍCIASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MATRÍCULA DO CURSO 19-20.


A CONTINUACIÓN EXPÓÑENSE OS PRAZOS DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN.


Prazos:
  • Solicitude de admisión (Anexo II) e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 25 de marzo ao 5 de abril
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 26 de abril ao 6 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio.
  • Formalización de matrícula (Anexo III): do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria para formalizar a matrícula: 
  • Impreso de formalización de matrícula (Anexo III): recóllese en Conserxería ou online.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas 
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (so no caso de baremar)

Información de interese:
  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Lexislación de referencia: 
  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates