22/04/19

OBRADOIRO DE ARTE "O MUSEO"

CEIPARUA















Comezamos este taller lendo o conto “El MUSEO” nel unha nena fai un percorrido por un museo onde se atopa diferentes obras de arte que lle provocan moitas emocións: alegría, tristeza, medo, loucura. De repente se atopa cun lenzo en branco e decide cos ollos pechados imaxinar como o pintaría.



 


Nos tamén nos atopamos cun lenzo en branco onde escoitando diferentes cancións nos puxemos a pintalo con tempera sólida.

Noutra sesión descubrimos unha curtametraxe que nos fixo moita gracia, estaba dedicada a un artista chamado Jackson Pollock. El era un pintor o que lle gustaba crear cadros salpicando. Gustounos tanto esta técnica que nos puxemos a salpicar co fíos outro lenzo en branco que nos atopamos na biblioteca.









Falando desta técnica nos dimos conta da diferenza entre as obras realistas e abstractas e tamén dos materiais que precisamos para crear un cadro o estilo deste artista.  Deste xeito nos preparamos para contarlle as nosas familias como  íamos pintar un cadro abstracto.
Na última sesión deste taller compartimos un momento agradable pintando cos nosos familiares, onde deixamos bailar as nosas mans os son da música.














Uns días mais tarde, visitamos o museo de Pontevedra, alí  fixemos unha visita guiada na que descubrimos que os museos son lugares máxicos con tesouros que debemos coidar. Ollamos varias obras artísticas onde se mesturaban, cores, obxectos, historias agochadas.










Agora nos tamén somos artistas e os nosos cadros están na sala de exposición da casa da cultura de Canga.

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates