27/05/19

OS ALUMNOS DE 3 ANOS DESCUBREN A ANTONIO FRAGUAS

CEIPARUA



Presentamos a figura do homenaxeado ós nen@s na que tamén hai 3 fotos da vida de Fraguas que fan referencia ó seu nacemento, xuventude e madured.   A través da manipulación intentarán ordenar cronolóxicamente.



 En canto a súa obra, nos centraremos no poema “ O piollo e a pulga se queren casar”. Na nosa Biblio de Aula, adicamos un rinconcillo ós libros de algúns animais dos que aparecen no poema.

Escoitamos o poema a través da versión que Migallas en Pan de Millo versiona a modo de canción.
A nosa aula se viste para a ocasión do casamento dos protagonistas; o piollo e a pulga. A través de varias propostas en nun ambiente lúdico, exploran, manipulan, planifican e se visten para ocasión tan especial.
Así imos preparar o menú nupcial: Consultan o libro de cociña para ver o máis  axeitado, o preparan, poñen a mesa e finalmente o presentan na mesa  para os noivos.    
Preparamos pasteis con plasti de varios cores e coa axuda de rodillos.

Na zona do xogo simbólico, poñemos unha cesta con lazos, tules, vestido, telas, garavatas , ramo de noiva e diademas de flores para que noivos e padriños se visten para o casamento.







Facemos un giño á figura de Fraguas, creando caricaturas colocando varios adornos/ atuendos no seu rostro

 







Recreamos ós animais que aparecen no poema( rá, formiga, rato, gato, raposo, araña…..), con elementos naturais como son pauciños, corchos, pedras e tamén anacos de teas.

Un xogo do memory coas imaxes dos animais tamén servirá para recordar a presencia dos mesmos no poema, buscar e memorizar as parellas invitará  a xogar por parellas ou en pequeno grupo.

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates