30/07/09

O pago das axudas dos libros de texto farase mediante os centros

CEIPARUA

Redacción . Os pais ou titores terán un prazo do 1 ao 30 de setembro para presentar as solicitudes para concorrer ás axudas de compra de libros de texto. O pago farase a través dos centros educativos, que disporán de 10 días para abonar o custo aos beneficiarios.

Estudantes nunha aula

Estudantes nunha aula. Paco Vilabarros

O Consello da Xunta aprobou hoxe a convocatoria de bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010, no que empezará a implantarse o novo modelo que acaba coa gratuidade universal implantada polo bipartito. O Goberno do PP recordou que este programa, que dotará as familias de axudas en función da súa renda, substituirá progresivamente ao de préstamo vixente, empezando polos cursos de 1º, 2º, 5º e 6º de primaria e educación especial.

Os fogares con ingresos inferiores aos 9.000 euros per cápita recibirán unha axuda de 104 euros por cada nenos. Se, ademais, están por baixo de 5.400 euros –ou 6.000 no caso e familias monoparentais– a axuda incrementarase até 180 euros.

Pola súa banda, para os alumnos de educación especial, a Consellaría de Educación garante 250 euros, sexa cal sexa o nivel de renda. Unha vez tramitadas e resoltas as axudas, as listas definitivas de admitidos publicaranse nos taboleiros dos centros, no portal educativo da consellaría e nos departamentos.

Reagrupamento de alumnado

Así mesmo, o Consello da Xunta ratificou hoxe o preacordo alcanzado na Mesa Sectorial de Educación sobre os criterios de agrupamento de educación infantil e primaria para os efectos de constitución de unidades.

Ese preacordo sitúa en 14 o tope para agrupar alumnos do mesmo ciclo de primaria e 12 no caso de que pertenzan a diferentes ciclos. Se están implicados alumnos de toda a etapa de primaria, poderanse reunir sempre que non superen os 10 alumnos.

No caso de educación infantil será posíbel agrupar alumnos de diferente nivel se non se exceden os 14 alumnos, ou 12 no caso de que estean implicados nenos de tres anos. Tamén se poderán reunir nunha mesma unidade o alumnado de dúas etapas –infantil e primaria– cando o número sexa igual ou inferior a 10.

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates