28/02/10

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego!

Ana

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
vén de crear a páxina web "Orgullos@s do galego". Eles/elas mesmos explican con claridade a finalidade da iniciativa:

Por que deseñamos esta campaña?

Para transmitirlle á comunidade educativa, que é coa que traballamos, pero tamén ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva, independentemente da idade, raza, orixe ou cor de pel que teñamos.
O que queremos transmitir?
Que ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...
Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.
Por iso lanzamos esta campaña, para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHENDEAR da nosa lingua.
E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca
o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.
o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.
o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con millóns de persoas no mundo.
o ORGULLO de ter unha lingua de noso.



Animámosvos a visitar a páxina web e a colaborar coas vosas propostas!!




Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.
Entrada publicada no blog "Galego a lambetadas" do ENDL do CEIP A Rúa

Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates