25/02/10

Visita ao LIDL dos nenos/as de 5 anos

CEIPARUA
Publicado no seu blog "Os vaqueiros de 5 anos"


A clase dos vaqueiros estivemos este martes visitando o LIDL.





Ademáis de coñecer os produtos que se expoñían en cada corredor, puidemos aprender e facer moitas máis cousas, coma preparar unhas "balas" de cartón para reciclar, de 500 Kg de peso. Tamén entramos na oficina do super e ali nos enseñaron a caixa forte, onde se gardan as moedas para dar os cambios á xente.




Logo, cada un de nós fixo a compra coa lista e os cartos que trouxemos da casa, pero o que máis nos gustou de todo foi poder ser caixeros/as por un rato, xa que todos cobramos e devolvemos o cambio a un compañeiro/a.




Nós podemos decir que nos portamos ben, pero os que se portaron mellor foron tódolos empregados/as e os xefes/as do LIDL que nos trataron de marabilla, ensináronnos moitas cousas e ademais nos regalaron unha bolsa con froita, zumes e bolos para merendar.
Esta si que foi una visita inesquecible!!




Grazas tamén a tódalas mamás e papás que nos acompañaron xa que sen eles/as non sería posible este estupendo día.


CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

1 comentarios:

  1. E CONSTAME QUE FOI UNHA GRANDE EXPERIENCIA, ADRIÁN CHEGOU A CASA EMOCIONADO!!

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates