10/05/12

O circo dos olvidados

CEIPARUA
Hoxe tivemos a sorte de asistir á primeira representación da obra de teatro "O circo dos olvidados". Correu a cargo do grupo ATRAPATEATRO. Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos con afán e sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena, da música... 
Cando rematou, todos aplaudimos a rabiar, ninguén quería marchar.
Só o alumnado de 4º tivo a oportunidade de ensaiar uns cantos números de circo no patio do colexio tendo como monitores aos actores e actrices, ¡¡que sorte!!
Queremos felicitar a todas as persoas que fixeron posible esta magnífica representación. 
Noraboa e moitas grazas.



CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

6 comentarios:

  1. Era moi chula porque a música era romántica e o domador de bailarinas o facía moi ben coma todos os actores e tiñan moita imaxinación. O fixeron moi moi ben.
    Teo

    ResponderEliminar
  2. A obra foi moi chula. A min o que máis me gustou foi o domador das bailarinas e tamén a moza que lle daba vértigo o chan e aprendeu a andar na corfa frouxa.
    Sarai

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito a obra de teatro. O que máis me gustou foron as bailarinas, a roupa e a trapacista. A obra de teatro foi moi divertida.
    Rosemary

    ResponderEliminar
  4. A obra gustoume moito porque os actores facían cousas moi divertidas. O que máis me gustou foi cando o domador domou ás bailarinas porque as bailarinas facían moitas trastadas.
    Xaime

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. O que máis me gustou foi o domador de bailarinas, a que se hipnotizou a si mesma e a que dirixiu a banda.
    Lena

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates