27/03/10

Hoxe apagón ás 20:30 na Hora do Planeta

Ana

Máis de 4.000 cidades súmanse ó apagón para salvar o planeta


Galicia contribúe á iniciativa coa participación de sete municipios

Da Alhambra ó Xeneralife; da Sagrada Familia á Muralla de Lugo; da Porta de Alcalá á Praza de María Pita; dos edificios do Corte Inglés ás tendas de Inditex; da Torre de Hércules á Catedral de Santiago.

Todos estes edificios e empresas, e moitos máis, repartidos por 125 países de todo o mundo apagarán hoxe as súas luces entre as 20:30 da tarde e as 21:30 da noite para participar na Hora do Planeta, unha iniciativa convocada por WWF para concienciar á poboación mundial da importancia de loitar contra o cambio climático.

A convocatoria deste año recibiu máis respaldo que nunca, tanto en España coma no mundo. En total serán máis de 4.000 cidades repartidas polos cinco continentes as que participarán no apagado das luces dos edificios públicos durante unha hora. O Coliseo romano, a torre Eiffel, o Cristo Redentor de Brasil, as pirámides de Guiza, o Empire State Building o Times Square son só algúns dos espazos singulares que quedarán a escuras.

En España, a mobilización tamén sumará unha participación récord. Onte pola tarde estaba confirmada a intervención na iniciativa de máis de 180 cidades, aínda que a organización esperaba que finalmente se sumasen máis de 200.


Galicia

Entre elas tamén se atopan oito cidades galegas. En principio adheríronse ao programa A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Oleiros, e Sarria. Os seus edificios e igrexas máis singulares permanecerán ás escuras. Pero non só os edificios públicos apagarán as luces. Tamén o farán o once paradores nacionais que funcionan na comunidade. De igual modo, a Federación Galega de Confrarías adheriuse á convocatoria, do mesmo xeito que Caixa Galicia, que apagará o interruptor nas súas sedes.

O obxectivo é mobilizar a máis de mil millóns de persoas de todo o mundo. Hoxe será a cuarta vez que WWF pida sesenta minutos de escuridade para conseguir que, a través dunha acción conxunta, os cidadáns sintan que «todos somos parte da solución ao cambio climático».

«É unha acción global e simbólica, como as que ao longo da historia deron paso ás grandes revolucións», destaca o secretario xeral de WWF España, Juan Carlos Olmo. No noso país, empresas como Telefónica, Coca Cola, o Corte Inglés Inditex, Ikea ou o Banco Santander tamén se sumaron.


Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates