11/03/10

Campamentos de verán, 2010

Ana
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia vén de publicar, no DOG deste luns 8 de marzo, a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2010. Vai dirixida a mozos e mozas entre os 9 e os 17 anos. O prazo de inscrición comezou o 9 de marzo e remata o 23 de marzo.


SOLICITUDES

a) Hai dúas formas de presentar as solicitudes, por escrito ou telematicamente:

Por escrito: as solicitudes débense presentar no modelo oficial, que se pode obter en calquera dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas oficinas e puntos de información xuvenil ou ben descargarse directamente desde a páxina web www.xuventude.net, para logo presentala a través do rexistro.

Telematicamente: os solicitantes que posúan un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, Real Casa da Moeda, poden acceder a esta vía de presentación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet: http://www.xunta.es/servizos-de-admon-electronica.

Transferiranse así automaticamente os datos da solicitude ao rexistro telemático da Xunta de Galicia.


Para máis información:
http://www.xuventude.net/web/xuventude/campamentosdeveran

Ana / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates