17/03/10

CARTAS AO DIRECTOR

CEIPARUA
Que é o importante agora?
Non sei moito de política pero algo sei de humanidades e polo pouco que sei do tema, atreveríame a dicir que á maioría da xente impórtanlle máis os campos de fútbol do Morrazo, o campo do Alondras, pero, a cantos de nós nos importa o decreto ou como din o decretazo?
Pensade vós cando leades isto, de verdade, a que lle dades máis importancia?
Pensade que nós os nenos temos que expresarnos na nosa lingua natal se non queremos que o Galego se extinga. Nos nosos colexios temos que falar galego algo máis (non pido moito) que o castelán e o inglés. O castelán o aprenderemos facilmente se viaxamos por fora de Galiza (ou por dentro) pero o galego non.
A pesar diso, quen se preocupa por nós? Nin sequera una cuarta parte de galegos intenta parar o decretazo ou manifestarse contra el.
Isto non é unha carta para manifestarse contra alguén, pero iso non significa que non estea dicindo nada, posto que é para que a xente se dea conta do que fai.

Caetano Eirea Orro (Alumno de 6º)

Recollido en 23 x 6 = Blog (O blog de sexto)

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates